Arqueoloxía.

Estación rupestre ou zona arqueolóxica.

Ainda non está catalogada como tal, pero tempo hai para facelo. O que si e certo que en unha zona pouco distante, que abarca dende o Cruce de San Amaro hasta a carretera da Touza a Anllo, por un lado. E por outro dende o límite da parroquia das neves hasta o Pazo da Touza. Por detrás do Ceip do San Amaro.

Nesta zona atopamos numerosas pegadas de tempos ancestráis que nos permiten reconstruir a nosa historia. E nos axuda a comprender diversos aspectos dos nosos antepasados.

Partindo do Xacemento Paleolítico do Cotorelo, e o mesmo petroglifo do Cotorelo o da Medorna e máis o do Penedo Redondo, xa catalogados, tamén hai outros elementos sin catalogar pero evidentes como son: o Petroglifo das Portelas, estou a espera de poder limpialo, e poñelo en coñecemento de Patrimonio. A mámoa da Medorna, falta verificar os restos que atopei. As laxas da cerrada da Xino, que ainda non puidemos descifrar que representan, con piletas, sucos e cazoletas. E unhas formaciós rochosas na Portela.

Unha vez completada a tarefa, xa se pode facer unha bonita ruta para disfrutar do noso Patrimonio. Hasta pos alumnos do Ceip Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira, que o teñen ben a mán.

Descuberto un novo petroglifo no Concello de San Amaro.

                        Esta fin de semana pasada, atopei un novo petroglifo na zona das Portelas, a carón da carretera que vai da Touza a Anllo Pequeno. Non está catalogado nin figura no Plan Básico da Xunta de Galiza. Componse dunha serie de "cazoletas" de distinto diámetro, gravadas nun penedo que foi fendido en dous anacos por algún canteiro. A posición do penedo parece non ser a orixinaria, pois as "coviñas" aparecen na parte lateral da rocha. 

                  Semella que o facer a pista as máquinas o envorcaron para un lado.Cando dispoña de tempo e poida limpalo, subirei algunhas fotos, pois nas que hoxe vos amoso, non se distinguen ben as gravuras. Para seguidamente intentar que o cataloguen.Decir tamén que está na mesma contorna que o Xacemento Paleolítico do Cotorelo e máis do Petroglifo do Cotorelo, estes xa catalodados.

As mámoas do Picouto en perigo

              O Pasado domingo día 28 de Mayo acabouse o tempo dos políticos e comezou o da xente de a pé. Hasta ese día, eles amosaron, diante de grandes pancartas, os seus logros e tamén compromisos de futuro. Pois ben, a partires de hoxe os que estamos de acordo con proxectos que se levaron a cabo, pero que botamos en falla outros, que ano tras ano foron olvidados, imos demandalos democráticamente.

               E dicir; reclamar que ademáis de festas e paparotas hai outras maneiras de reivindicar un certo coidado polo Patrimonio do noso Concello. Si, a protección do Patrimonio Cultural, e unha das cousas que máis me inqueda, pero non só a mín, coido que a unha inmensa maioría dos veciños tamén.  

              Por exemplo: ¿ A alguien de vos lle gustaría que no cemiterio, donde tendes a bisavós, avós, pais ou irmáns, pasados moitos anos, cando xa só vos queda un lugar para ilos rezar, atopárades o recinto pechado e por enriba dos enterramentos uns cabalos pacendo?

          Esto está a pasar no Foxo, detrás do campo de fútbol. De todos e sabido que alí hai dúas mámoas catalogadas e identificadas pola Xunta de Galiza... ¡¡¡ Co grande que é comunal do Picouto e ten que ser precisamente alí donde se cerren os cabalos !!! Si; xa sei que son antepasados de fai dous mil ou máis anos, pero eso qué importa. Quizáis alí estén enterrados os ancestros que foron o xerme dos veciños de San Amaro, Beariz e San Fiz, polo de agora non o sabemos, pero mentres tanto amosemos un pouco de respecto polo lugar.


A pegada dos nosos devanceiros.

Hai unha zona no noso Concello do San Amaro, entre os límites de Anllo e San Fiz, que abrangue dende a carretera de A Touza a Anllo ata a carretera de San Amaro a Carballiño, moi rica en Patrimonio Cultural. Por unha beira varias manifestacións do Arte Rupestre: O Petroglifo do Penedo redondo, o do Cotorelo e o da Medorna, onde os nosos ancestros deixaron a súa pegada ou ben para reflectir a súa maneira de vivir e as actividades a que se adicaban ou quizáis con intención de deixar pegada da súa existencia. 

Por outro lado contamos con un Xacemento, o do Cotorelo, no cal aparece algún achado de ferramentas propias daquela época. No mesmo contorno atopamos unha mámoa, a da Medorna, que e un túmulo funerario característico do Neolítico. Son acumulacións de terra ou pedras de forma circular. 

Pois ben, cos estes datos podemos afirmar que esta zona estuvo dende fai moito tempo habitada principalmente por humanos nómadas, que se refuxiaban en covas para protexerse do frío e dos animáis salvaxes. Centos ou miles de anos máis tarde, eses humanos adoutaron unha vida sedentaria e fanse máis territoriáis. Case todos eses lugares que aparecen na foto están catalogados pola Xunta de Galicia, agás a Portela, que ben pode ser unha prolongación do Xacemento, e a Cerrada da Xino onde hai varias cazoletas e pías comunicadas con certos canais, deixando ver a pegada do home nesas inmensas laxas. Pero a Cerrada da Xino vou deixala para cando dispoña de máis información.

Petroglifo " do Cotorelo ".

Cada vez que me interno nos montes do Concello do San Amaro, sempre atopo algo novo. Desta vez trátase do "petroglifo do Cotorelo", a lo menos eso dicen as coordenadas do Catálogo do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, na actualización de 2022. Hay unha pequena desviación entre o meu GPS e a Xunta, pero coido que sexa o mesmo petroglifo.Como ademáis das cazoletas ( Foto 1 ) aparece unha pila ( Foto 2 ) que non sabemos se e natural ou feita polo home, pois estou consultando con un dos máis activos catalogadores do Patrimonio Galego a espera dun informe.As coviñas vense ben as claras, polo tanto non hay dúbidas, o que si require un certo estudo e a pileta. Aparentemente parece traballada por mán humana, pois nun dos seus lados aparece un pequeno suco como para desaugar o líquido que contén. Por outro lado pode ser unha cavidade natural, pero ainda que sexa así, o suco da a entender que foi usada antigamente para certos ritos. Como sabedes en cantidade de altares e pedras sagradas, utilizadas para rituales, aparecen esta combinación de cazoletas e pilas, e en algún que outro tamén aparece un escalón ou dous. Unha vez que consultemos con Patrimonio a ficha de dito petroglifo, sairemos da dúbida.O monte este do Cotorelo, está repartido entre dúas Parroquias : Anllo e San Fiz, e entre dous lugares : Anllo Pequeno e Calve. Na parte de Calve está o petroglifo e na parte de Anllo o Xacemento Paleolítico do Cotorelo, este deixámolo para estudiar outro día.

Petroglifo do "Penedo Redondo" 

Esta finde tocoulle a visita o Petroglifo do Penedo Redondo, que figura no Catálogo do Plan Básico Autonómico. Atópase nos montes do San Amaro, concretamente entre Os Cotos e a Cerrada da Xino, xa limítrofe coa Parroquia de Anllo.
Como sempre vou co tempo contado, non puden identificar o Petroglifo completo, destapei algunha cazoleta, que vos amoso na foto e como curiosidade a existencia dunhas canles que unen as coviñas mais grandes e profundas.
Haberá que consultar a algún arqueólogo pois, ou ben son simples cazoletas ou receptáculos de libacións ou de sacrificios, xa que se encontra nun penedo alto donde se domina toda a contorna.
O que mais dificulta a identificación destes bens patrimoniais, en toda esa zona e a abundante pegada de traballos de cantería son innumerábeis os penedos e laxas que están coas marcas das cuñas dos canteiros. Ahora recordo cando me decían un ancián de San Fiz que as pedras dalgunhas casas viñeran das canteiras de Anllo.


Nomes que fan referencia a monumentos Megalíticos. 

Unha das pistas mais importantes cando buscamos lugares que poden ou puderon ser monumentos megalíticos de calquer tipo, sin dúbida e o nome do lugar, o topónimo , cómo se chama a leira, monte, penedo, etc . Por exemplo: a Xunta de Galiza ten a lo menos dúas páxinas Webs. Unha e "Nomenclátor de Galicia" e a outra "Toponimia e Galicia", esta dispón dun visor de topónimos.
Fai tempo había un buscador de topónimos que ofrecía o actúal e antigo. Por exemplo en Anllo hay un penedo que antigamente se chamaba "A laxa dos ovos" e na actualidade recolleo co nome de "Pena dos enamorados".
A todo esto, fai unhos días o amigo Francisco Javier Torres Goberna, que desto sabe un montón, enumeroume unha serie de nomes que todos fan referencia a estes monumentos megalíticos, paso a nomealos : ANTA - ANTELA - ARCA - ARQUIÑA - CABANA - CAMPA - COTARELA - COTORELO - COUTO - CHOUSA - CASIÑA - COVA DA MOURA - CAPELA DOS MOUROS - CASA DOS MOUROS - CELERO DOS MOUROS - CORTELLOS DOS MOUROS - FORNA - FORNALLA - FORNELO - FORNO DOS MOUROS - MÁMOA - MADORRA - MEDORRA - MEDORNA - MADRÓA - MAMUELA - MAMOELA - MODIA - MONTILLÓN - PEDRA FITA - PARDANTELA - TOMBA - ETC. ETC. E ainda queda por ahí algún que outro.


A Madorna, Medorna, Medorra, Medoña.... 

A raiz do artigo de onte, e seguindo co tema da Medorna, que e o nome que aparece no documento de aprobación definitiva da Xunta, debo de recoñecer que unha vez localizado na zona de asentamento o término " medorna " debeu ser " medorra " que por unha pequena deformación lingüística foise convertendo en madorna.
O que si sabemos todos e que unha medorra, anta, medoña ou mámoa e un amoreamento artificial de terrra e, ou, pedras. Polo xeral en forma circular, que aparecen de forma brusca sobre o terreo e que sinalan ou conteñen un ou varios enterramentos.
Pois ben, a unhos 30 metros do petroglifo referido, atopei unha morea de pedras dispostas en círculo, e encima delas, unha metade do que podía ser a "pena cuberta" do dolmen ou anta, neste caso, sería a estructura. Este sería o motivo polo que a toda esa ampla zona de monte chámanlle a " Madorna". Non hay lugar en Galiza no que apareza ese nome e non haxa unha mámoa, ou un dolmen.
Deixovos esta foto que fixen, ainda que non se distinga moito o lugar. 


Petroglifo da Medorna ? 

Esta finde pasada por fin, despois de tanto tempo confinado, puden acercarme a San Amaro, pero co tempo xusto pra visitar o lugar donde presuntamente se atopa a mámoa da Medorna. Fáltame contrastar os meus datos cos do Plan Básico Autonómico, e estudar as posibles variacións nas coordenadas.
Nunha laxa dunhos dous metros aparecen unha serie de cazoletas, non puden destapar todas, a ordenación e un pouco caótica, e na foto, a pleno sol, non se ve ben. Tamén se aprecia otras marcas ilexibles.
Por todo esto, non quero adiantarme, pois na zona hay moito traballo de canteiros, pero si para siguinte visita podo confirmalo xa o fago.


O castro de " Castreás " 

Cando todos sabíamos que o único asentamento castrexo na parroquia de San Fiz era o situado no monte dos castros, resulta que, despois de contrastar varias liñas de investigación, atopamos que na parroquia hay outro conxunto castrexo situado entre os lugares da Reguenga e A Quintá.
Si ben é certo que o nome de ditos terreos xa nos estaba dando unha pista moi importante, pois o terreo sobre o que está enclavado chámase " Castreás " e moi preto de aquí hay un lugar chamado "Pena Grande" integrado nunha carballeira.
Neste lugar vólvese a repetir a triloxía e a relación ceremonial que se cumplía no enclave: Monte dos Castros - Pena Furada - Toco do zorro.
A día de hoxe non sei se iste castro está catalogado ou non a información que posúo sobre él e moi pouca pero mais adiante seguirei aportando datos deste lugar.


" O patrimonio esquecido " 

Fai unhos días chegoume un correo electrónico do amigo Felisindo González Iglesias, creador da páxina web " Arredor de Lámbrica " e nativo do Axuntamento de San Amaro, alertándome dun achado nun muro do campo da festa da Carballa ao lado da igrexa de San Fiz; trátase dunha metade dun muiño de man castrexo.
Este fin de semana baixei a San Fiz e sen moito traballo atopei o cacho de muiño reutilizado no muro dunha viña, o musgo tápao e pasa casi desapercibido, pero corre serio perigro. E outra mostra mais do abandono que sofre o noso patrimonio, as administracións olvídanse totalmente del, e só se preocupan por conservar e patrocinar os grandes conxuntos castrexos.
Esta peza ven a xustificar a presencia dos dous castros cercanos : Monte dos Castros e Castreás.
A reutilización de pezas de orixen castrexo repítese en moitos pobos de Galicia con presencia de castros na súa contorna. O perigo que corre esta peza e que está a veira da carretera e calquera ensanche ou arranxo da mesma supoñería a súa desaparición. 


¿ Cabeza cortada castrexa ? 

Sabemos que a manifestación artística mais típica e mellor conservada da cultura castrexa son as esculturas de pedra e unha das tipoloxías e exemplo significativo son as "cabezas cortadas" ou "cabezas trofeo". Polo xeral trátase de pezas feitas en granito do país, para encaixar nas paredes das casas ou nos muros, a función foi sempre moi discutida, para uns trátase de trofeos guerreiros e para outros a representación de ídolos ou deidades.
Pois ven nunha casa do Outeiro, na súa fachada lateral atópase unha destas cabezas, o interrogante de si se trata ou non dunha cabeza cortada castrexa, pono de novo Felisindo González Iglesias, que nun recente paseo por a nosa parroquia atopou esta escultura.
Non sería arriscado, pola miña parte, afirmar que sí se pode tratar dunha destas cabezas cortadas, pola proximidade cos castros de San Fiz . Debemos ter en conta que tanto a casa en donde se atopa empotrada coma os castros están a carón do antigo camiño real de San Fiz e non sería difícil que a escultura chegase a esta casa, que por outro lado era unha casa solariega e podente, cerrada cun balado alto toda ela e mais a finca adxacente. Esta casa no Catastro de Ensenada de 1749 figuraba como heredade de Don Andrés de Temes , rexidor da cidade de Ourense e posteriormente pasou a ser posesión dun Notario do Carballiño.
A falta de mais datos arqueolóxicos quedareime coa interrogante de si se trata dunha cabeza castrexa, na actualidade e reutilizada como desaugadoiro dunha cociña.
Pola tosquedade da figura e moi doado encaixala nunha filiación castrexa e mais pola súa proximidade do Monte dos Castros, esto non e mais ca unha suposición.
Preguntando o actual dono da casa, contoume que a pedra de granito usada na súa construción foi a chamada pedra de Anllo, procedente das canteiras do pobo veciño se ben non sabía nada da cabeza. Unha das características do granito utilizado na construción da casa e que co paso dos anos vaise desfacendo como si de area se tratase o que non pasa na figura que se mostra mais sólida a pesar dunha fenda que a recorre dende a frente hasta a boca produto sen dúbida dun golpe que levou.
A todo esto hoxe fágome eco do que se veu a chamar cultura das cabezas cortadas , en relación coa costume celta de cortar a cabeza os inimigos e colocalas na entrada das súas casas, pois crían que nelas residía, ademais da intelixencia a valentía dos guerreiros vencidos, calidades que pasarían a formar parte do poseidor de dita cabeza.


O tímpano da igrexa de S.Fiz 

Xa sabíamos que a igrexa de San Fiz era a mais antiga do Axuntamento de San Amaro, o que ignorábamos e a data da sua construcion pero gracias a un traballo de Rafael Tobío Cendón que publicou na revista "Argentarium" do Centro de Estudos Camoso Lamas e que mediante o seu presidente Xosé Luis Sobrado Pérez que fixo chegar ata as miñas mans a súa revista.
Se nos fixamos no tímpano, na cinta ancha que o envolve, atópase unha inscrición, hoxe ilexible, que di: FUNDATA EST - ISTA ECCESIA - SUB ERA:MCCVIII, a tradución sería: FUNDADA ES - ESTA IGLESIA - BAJO LA ERA: 1208 que se corresponde co ano 1170, no que probablemente acabaron as obras da devandita Igrexa. O autor termina por dicir que a igrexa románica de S.Fiz de Navío, deberá datarse no período de tempo comprendido entre 1170 e 1199, ainda que dado o gran parecido que garda coa igrexa de Serantes, e perfectamente datable cronolóxicamente hacia 1175 ou a mais tardar 1177.
O traballo de Rafael Tobío fai unha descrición artística da igrexa recorrendo o exterior, parándose na nave e logo na ábsida e logo no interior recreándose na nave e ingresando na ábsida. Comenza o autor lembrándonos a situación xeográfica da igrexa e facendo unha síntese histórica acabando coa cronoloxía do templo.


De Castros , Mámoas e Petroglifos. 

Despois de moitos anos pelexando coas administracións autonónica e local que cosideraban que o Patrimonio dos pobos debía de estar oculto, frente a opinión de arqueólogos e historiadores que defendían que pa coidar o patrimonio primeiro había que coñecelo.
Fai pouco tempo a Xunta de Galicia dispón de unha páxina web na que a través de mapas sitúa o Patrimonio de cada parroquia de Galicia, desta maneira puden atopar parte do patrimonio da parroquia de San Fiz de Navío que non coñecía.
Gracias esta ferramenta puden descubrir que ademais dos dous Castros : Monte dos Castros e Castreás a parroquia conta con tres Mámoas : A Corredoira, O Picouto 1 e O Picouto 2 e tamén hay catro Petroglifos : A Verea, O Cotarelo, O Penedo Redondo e A Medorna.
Pouco a pouco irei localizando, fotografiando e relatando o que vaia encontrando, alguns están descubertos e catalogados, outros non. 


O " Petroglifo da Verea " 

Unha vez que a Xunta de Galiza nos facilitou as coordenadas do patrimonio da nosa parroquia, acerqueime a Ventoselo e alí puiden atopar o Petroglifo da Verea. Trátase dun penedo de granito con catro gravados, orientado de Este a Oeste.
Imaxino que na zona ten que haber mais gravados pois está chea de bolos graníticos, nembergantes cando trazaron a devasa ( cortalumes ) da líña de alta tensión, as máquinas paleadoras voltearon e desplazaron todos os penedos, froito da desazón da administración local e da ignorancia dos traballadores.
Os motivos que puiden ver no pouco tempo que estiven alí son : un grupo de catro cazoletas de distinto tamaño, un podomorfo ( figura dunha pisada), unha cruz ou a representación dunha forma humana, non se distingue ben, e por último unha figura abstracta.
Cando dispoña de mais información publicareina así como as características diste petroglifo que a bote pronto paréceme que teñen relación cos equinoccios e solsticios, pois a disposición das cazoletas e moi semellante as do " Petroglifo de A Hermida " en Eiras, descuberto por Felisindo González. 


O Monte dos Castros 

Despois de moito tempo buscando referencias catastrales do Monte Dos Castros, xa que referencias visuales casi non quedan, agás de algún muro perimetral ou parte dun parapeto,cheguei a conclusión de que al menos son dous os castros existentes.
Por unha parte o topónimo reza Monte dos Castros, e por outra unhos documentos atopados no Catastro de 1761, dan confirmación a esta teoría, nesa relación de fincas figura unha co nome o Castro do lugar da Quintá, noutra figura co nome de Castro de Arriba e na última co nome de Castro de Abaixo, con todas as referencias das lindes do lugar.
Se atendemos as coordenadas destes castros encontraremos en primeiro lugar a ficha do topónimo, na cal fai referencia as coordenadas :
X.- 575437,94
Y.- 4691305,26
Estas corresponderían o Castro que se atopa a dereita do poste de alta tensión, o norte do Toco do Zorro.
As outras son :
X.- 575491,05
Y.- 4690993,22
Estas pertenecerían o outro castro situado por debaixo do chalet da Reguenga , que ainda conserva algún muro perimetral.
Queda por facer un estudo detallado sobre o terreo, pero este ten que esperar debido o confinamento.Más fotos de los Castros en el album de fotos de San Fiz


O marco "do Picouto"

Hoxe quero mostrarvos unha posible "pedrafita" que fai de marco divisorio entre as parroquias de Beariz e San Fiz. Ainda que a súa orixe e incerta, temos a seguridade que se atopa xusto o lado das Mámoas ( M1) e (M2) do Picouto.
Cando visitei o lugar chamoume poderosamente a atención esta pedra grabada por un lado con unha "B" e por o outro con unha "S", e a decir verdade, recoñecina como marco divisorio, pero quedeime coa inquedanza de que podía ser unha "pedrafita" reutilizada en tempos mais recentes coma un marco divisorio.
Se tomamos como referencia o Marco da Anta en Cotobade, resulta calcado o do Picouto. En Cotobade figuran as letras "S" de Sacos e "C" de Carballedo , e no Picouto a "B" de Beariz e a "S" de San Fiz. En Cotobade está situada o lado da Mámoa Portela de Anta, no Picouto o lado das Mámoas (M1) e (M2). 


O xacemento de San Verísimo ( Cenlle ) 

Este xacemento de San Verísimo de Cenlle, está composto a lo menos por tres túmulos funerarios : O xacemento de San Verísimo, a mámoa de A Corredoira M1 e a mámoa de A Corredoira. O primeiro está situado no propio coto donde antigamente se levantaba a capela de San Verísimo, xa desaparecida, a segunda e a mámoa M1 situada no comunal de Cenlle, e xusto o lado, pero no comunal de San Fiz, a mámoa da Corredoira.
Por desgracia, debido os traballos forestais e posteriores plantacions realizadas, o terreo está moi degradado. Por outra parte a construcción da pista que baixa a Osmo deixou moi afectado o lugar.
Nesta zona, na que se asenta o xacemento, durante a francesada , levouse a cabo unha das mais cruentas batallas entre os franceses e o batallón do Ribeiro. O groso do exército francés estaba nas ribeiras do Miño. E moitos dos nosos paisanos foron enterrados en Sanín, Santa María da Groba e Punxín , os funerais e honras celebráronse unha vez que os franceses se alonxaran destas terras. 


A Mámoa de A Corredoira. 

Outra das mámoas que conseguín xeolocalizar foi a Mámoa de A Corredoira. Esta mámoa forma parte dun xacemento situado no límite dos concellos de Cenlle e San Amaro, componse de dúas mámoas, a lo menos catalogadas, unha no comunal de San Fiz a de A Corredoira, e a outra a Mámoa da Corredoira M1 nos montes de Cenlle, concretamente no campo de Ceres.
Cabe destacar que dentro dese entorno protexido atópase tamén o Xacemento de San Berísimo, sobre o cal , antigamente foi construida a capela en honra a San Berísimo, na actualidade desparecida.
A Mámoa de A Corredoira sitúase entre a estrada que vai de San Amaro a Cenlle e o ramal que enlaza con Osmo. Trátase dunha mámoa catalogada pero sin investigar.
Véxome na obriga de seguir denunciando que as pistas forestales abertas e as de tareas agrícolas seguen atentando contra o noso patrimonio, e en concreto contra o contorno protexido desta mámoa. Co sinxelo que resulta comprobar no catálogo de Ordenación do Territorio dentro do Plan Básico Autonómico os límites das mámoas e os séus espazos de proteción.


As Mámoas do Picouto. 

Esta fin de semana adiqueina a xeolocalizar unhos túmulos que hay preto do campo de fútbol do San Amaro. Trátase dunha pequena necrópole da que, a lo menos, hay catalogadas duas mámoas : a do Picouto 1 e a do Picouto 2. Descoñécese si existen mais túmulos na contorna.
Efectivamente as coordenadas xeográficas das que dispoñía corresponden con dous asentamentos separados só por unhos quince metros de distancia entre ambos. A simple vista observase o grado de maltrato que soportan, a lo menos un deles, polo desbroce e o paso de maquinaria agricola pesada, sen entrar a fondo na amenaza que sufriron cando se construiu o campo de fútbol que por certo invadiu o espazo circundante protexido , e por si fora pouco, unha das mámoas está afectada por un vertedoiro incontrolado que se está a formar na parte noroeste da mámoa 2. Xusto no medio das dúas mámoas levántase un marco de pedra coas iniciais S e B, que sinala o límite das parroquias de San Fiz e Beariz.
Aproveito este artigo pra pedirlle a administración municipal que si non ten recursos pra poñer en valor o patrimonio de San Amaro, a lo menos que vixile estas ameazas que está a sufrir estes lugares e prohibir as actividades que resulten agresivas nestes contornos protexidos .
Sería bo recordar aquelas palabras do escritor chileno Luis Sepúlveda. " La importancia de conocer el pasado para comprender el presente e imaginar el futuro ". 


¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar