San Fiz na historia.

"O Camiño Real" ao seu paso por San Fiz de Navío.

                   Onte preguntábanme se o camiño real tamén pasaba por San Fiz. Despois de rebuscar nos arquivos agochados entre varios discos duros e un sin fin de "pen drivers", atopei o documento, ou documentos, que son 1092 páxinas, no que aparecían esas referencias o camiño real o seu paso por San Fiz.Eses documentos pertenecen on pleito e demanda, do ano 1779, entre o Mosteiro de Melón contra uns veciños de San Fiz en demanda dunhas fincas situadas no lugar de Outeiro e A Carballeira.

          Só vos amoso un, pero hay varios que mencionan o devandito camiño. Neste fala da finca das Pombeiras, que lindan polo norte co camiño real que sae do lugar do Outeiro para Cenlle. Ese camiño empedrado, casi todos o acordamos, que continúa hacia Sergude polo Castiñeiro Grande, que fai anos foi encementado, e logo baixa a Riobóo hacia o Mosteiro de San Clodio.Ese camiño tiña unha variante que vai hacia a San Amaro e de aí a terras de Castela. O punto donde separa, pode ser o actual cruce de carreteras xusto donde está o cruceiro. Ou o camiño da Brea que antigamente era punto de paso de caballerías que iban abrevar a
"fontebois" en Ventoselo.

Mozos de San Fiz na Guerra Civil (2)

Antonio Requejo González nacido en Sergude ( San Fiz de Navío ), e anos despois veciño de Anllo, tamén participou nesa cruenta guerra. O máis interesante que atopei no seu expediente foi a participación, como mando das tropas, en moitos frentes de batalla co Rexemento de Cabalería nº 5.  Por todo eso o mesmo tempo que lle conceden a condición de excombatente, certifican as medallas concedidas en combate.  A medida que vaian aparecendo expedientes de soldados da nosa Parroquia, irei amosandos, como homenaxe a todos aqueles mozos que loitaron en algunha guerra.


Mozos de San Fiz na Guerra Civil.

Florindo e Benito aqueles mozos que loitaron nunha guerra que non era súa ...

Foron máis, bastantes máis que os que vos amoso, pero sirvan estas dúas follas de servicios, destes dous soldados, como homenaxe os homes que abandonaron a súa sinxela vida no campo e a súa recen estreada mocidade, poñéndoa a disposición dunhos objectivos pouco claros.  Vénseme a memoria aquela frase de Erich Hartmann " A guerra e un sitio donde mozos que non se coñecen nin se odian, mátanse entre si, polas decisións de vellos que se coñecen e se odian, pero que non se matan...".  A veces vale ben a pena ter presentes estes recordos, pois a memoria, en nós os humanos, e a miudo algo escurridiza.  E como somos de tropezar dúas veces na mesma pedra, está ben lembrarse de cando en vez.  

Florindo Pereira foi o carteiro de San Fiz, i un deses mozos que participou nos frentes de: Asturias, Teruel, Cataluña e Toledo. Outro foi Benito Silva, veciño de Viñás que tamén participou nos frentes de: Teruel, Huesca, Cataluña e Guadalajara. Todas as batallas foron duras, pero a de Teruel foi terrorífica, nela estiveron os dous e por sorte sairon ilesos.  A guerra e un deses períodos máis difíciles polos que un home ou unha muller poden pasar, porque todos aqueles que estiveron implicados acabarán dunha ou doutra forma perxudicados.  Hoxe xa no nos acompañan pero siguen formando parte do noso pobo e das nosas lembranzas.  


Documentación pública no Portal de "Archivos Españoles"


Unha medalla o sufrimento pola Patria para un soldado do Sobrado - San Fiz.

Esta "medalla de sufrimentos pola Patria" foi unha condecoración española creada pa recompensar os membros do exército español feridos en combate.Como ben sabedes todos, por un anterior artigo: " A quinta do biberón" o noso veciño Adolfo Muradás Vázquez, xa falecido, foi un deses soldados agraciados co a medalla e tamén con unha pensión mensual vitalicia de 12,50 ptas.Adolfo logo de estar en varias batallas, en pleno frente de combate, recibiu un disparo que o deixou ferido de gravedade, tempo despóis foi incluído no Benemérito Corpo de Mutilados pola Patria.


Un soldado de San Fiz condecorado.

A cruz de Mª Isabel Luisa, filla de Fernado VII e de Mª Isabel de Braganza, foi unha condecoración destinada a  rememorar a Xura da Princesa Mª Isabel Luisa como heredeira o trono. Esta medalla estaba dirixida as clases de tropa.Pois ben, un veciño do Outeiro de San Fiz, que estaba destinado no Rexemento de Infantería de Murcia en Zaragoza, de cabo primeiro na cuarta compañía, foi agraciado con unha cruz de Mª Isabel Luisa. Este veciño chamábase: Mariano Casasvellas.A foto primeira e do boletín donde aparece o comunicado, o día 29 de Novembro do ano 1852. 


Un desertor do "batallón de "Voluntarios do Ribeiro". 

Buscando documentación da rebelión de Galiza na invasión francesa de 1809, atopei un documento da "Lexión de voluntarios do ribeiro", que como sabedes foi unha forza de homes, alistados polo capitán Bernardo González o "Cachamuíña", todos eles desta zona, e pra loitar contra a "francesada".
Pois ben, trátase dun documento de deserción levada a cabo dentro do batallón. O desertor chámase: Domingo López Rodríguez, fillo de Benito e Rosario. Según dice o documento: "fue aprendido por los individuos de la partida". Xa sabedes que o batallón dividíase en Cuadrillas e Partidas.
Segue poñendo que era natural de San Amaro, Xurisdición de Roucos, obispado de Ourense, Reino de Galicia. Só se me resistiu a Fregresía que por mais documentos que leo da época, nos sei de que fregresía se trata ??? Se alguen se atreve que dé pistas ......
A continuación dí que era habitante de Oporto ( lugar de escapada mais próximo a nosa terra), describe tamén a edade, estatura, relixión, etc etc. Mostra todo luxo de datalles.
Por último decir que, o firmante, José Benito Munín era o Comisionado para recoller desertores e mozos galegos en Portugal. José Benito foi unha peza clave na loita contra a "francesada" e ademais tiña un dobre parentesco con Bernardo González "Cachamuiña". 


¿ Somos ou non do Ribeiro ? 

Xa desde moi pequeno , cando polas miñas mans pasou un mapa do Ribeiro , asaltoume esa pregunta , moitos anos despois sigo preguntándome por que San Fiz de Navío non está na denominación Ribeiro ... Trabas burocráticas ? Problemas administrativos ? Deixamento municipal ? ... e con todo A Touza forma parte dese mapa .
Se nos remontamos a tempos antigos , podemos comprobar que San Fiz pertencía ás terras de Castela , á xurisdición de Roucos , alá polo ano 1752 no catastro de Ensenada no Interrogatorio que han de satisfacer baixo xuramento os intendentes de cada pobo , á pregunta nº 11 Que especies de froitos recóllense no termo ademais de maiz , centeo e trigo , din que se recolle viño branco e tinto . Se ademais observamos que ditas terras de San Fiz e o Coto de Outeiro en varias ocasións foron doadas a Mosteiros como o de Oseira , San Clodio e ata ao de Toxosoutos , temos a evidencia de que estas terras eran ricas e fértiles .
Onde radica pois a diferenza coas terras do Ribeiro ? ... Botemos unha ollada ao mapa : Osmo ten os seus principais terreos vitivinícolas nas ladeiras do regacho das candorcas , viñedos como O Costado , A lamela , O souto , ios
Pumares,gozan do mesmo microclima alí existente , da mesma orografía e condicións medio ambientais que a zona de San Fiz onde as súas plantacións da Costa, Castiñeiro Grande , Piñeiro , Sergude , Casas Novas , que ademais comparte viñedos coa parte alta de Rioboó , Mascaroute , Berxans , regadas tamén estas zonas polo regato Rioboó . Debo de aclarar que nos actuais mapas topográficos o regato dás Candorcas baixa dos montes de Anllo e pasa por Rioboó e Cortellas ,penso que lle deron ese nome porque un dos regachos que o forman é o que baixa desde O Barreiro pasando polo muíño dás Patelas descendendo nunha bonita fervenza chamada A Fareixa , este non figura con nome algún , pero para os habitantes do lugar é o regato dás Candorcas .
Na miña humilde opinión , creo que foi mais ben falta de empeño ,unha reivindicación que quedou sempre eclipsada por outras necesidades máis urxentes que a parroquia necesitaba . Temos o orgullo de posuír uns viños que non envexan nada aos do Ribeiro , sendo estes irmáns naturais e fillos da mesma terra , viñedos que acariña o mesmo vento do norte e que madura o mesmo sol de poñente .
Se na antiguedad bautizouse o noso pobo como " Balcón do Ribeiro " , como se entende esta situación se desde o balcón é desde onde se arenga á tropa , desde onde se dan os discursos importantes e desde onde se le o pregón das festas ... a proximidade do balcón ás masas é inminente , con todo no noso caso o balcón parece ser un cualificativo regalado en agravio á distribución e limitación do mapa do Ribeiro .Se viaxamos cara atrás no tempo , no libro " Vignobles et vins du Nord-Ouest de l'Espagne " do escritor francés Alain Huetz de Lemps , no tomo I , páxina 222 ; fai referencia aos viños desta parroquia na que destaca o elevado prezo que adquiren , en concreto os da colleita de 1581 , referíndose a éllo coas seguintes palabras : " En 1581 , année de bonne récolte , les prix sont seulement à San Felix de Navio de 13 reais le moyo de blanc et de 8 reais le moyo de rouge ... " .
Resulta curioso despoís de leer a páxina do Consello Regulador da Denominación de Orixen Ribeiro , no seu apartado referente a Historia , que se alguén merece un recoñocemento especial na memoria histórica do Ribeiro estes son os monxes do Cister , que se asentaron no Mosteiro de San Clodio , ocupándose con agarimo e esmero do coidado e estudo das variedades autóctonas que hoxe en día nos dan prestixio ... Eu me pregunto : ademaís das plantacions de viñas que eles tiñan en San Clodio , non e certo que tamén poseían viñedos noutros pobos do Ribeiro ? Sí , en documentos do ano 1779 , na feligresía de San Fiz de Navío , tiñan varias posesions , entre élas as mais importantes eran as viñas das " Pombeiras " ainda que eran traballadas por veciños de San Fiz as suas uvas eran transportadas as bodegas de San Clodio , dende donde eran comercializados , como xa vimos , a calquer parte , incluso as mesas dos emperadores romanos . Todos cantos datos levo recollidos e me faltan por recoller , lévanme o mismo punto de partida : Os viños de San Fiz , cumpren as mesmas características e seguen o mismo camiño cos viños do resto da Denominación .


Equipo de balompé de San Fiz

Trátase dunha fotografía do equipo de fútbol de San Fiz , aínda non conseguín adiviñar o ano desta foto , pero sen dúbida estes aguerridos xogadores , hoxe contarán as súas historias aos seus netos e tan vez algún o fará os seus bisnetos .Documento publicado en " Vida Galega" 1933. 


Navío nos mapas antigos


Así é como aperecía San Fiz de Navío nunha carta Xeométrica presentada en 1834 á súa Maxestade Raiña Gobernadora Dona María Cristina de Borbón .Este mapa foi realizado por Don Domingo Fontán , pertence a un anaco da Carta Xeométrica de Galicia .Si queredes coñecer un poco mais da vida do autor podedes visitar a páxina web .Fundación Domingo Fontán  



San Fiz de Navío . 

         Pola dilatadísima extensión que desde alí se domina, adoitan chamar os naturais do país á San Félix de Navio o balcón do Ribeiro. Situado á uns tres quilómetros do río Avia, logo de habérselle unido o Víñao e o Arenteiro; en vantaxosa posición,mestura de montañosa e ribeirega; alternando no seu chan fértil e
abundante as ladeiras cubertas de viñedo con extensas zonas, á que prestan sombra o piñeiro, o carballo e o castiñeiro, o seu conxunto resultade excepcional beleza, á a que engade novos encantos o inmenso horizonte e as desigualdades do terreo, esmeradamente
cultivado e poboado á treitos de pintorescos pueblecillos ata as últimas distancias.
          O nome de Navio é único na toponimia española; o que únicamente pode recordalo na nosa rexión é o antigo nome da deusa Navia, na época do paganismo, e o de Nabiola, en cuxas proximidades houbo na Idade Media un mosteiro dùplice suxeito ao de Celanova. Pertence a parroquia ao Concello de San Amaro, partido xudicial de Carballino, e dista de Orense uns 24 quilómetros.
Navio garda nun panteón inmediato á a igrexa as cinzas do que fué o seu ilustre fillo o Dr. D. Urbano Ferreiroa, sacerdote exemplar, autor da Historia dos Papas, A transformaciónda Roma pagá estudada na Roma actual , Nerón e outras obras que lle deron merecida fama de docto e elegante escritor.
Temos noticia da existencia do Mosteiro de Toxosoutos situado no actual concello de Lausame ( entre Santiago e Noya) Tendo en conta que Afonso VII no ano 1138 faille doazón das jurisdiciones de Gomariz,Serantes,San Fiz de Navío a devandito mosteiro , polo que podemos deducir que as relacións con Compostela eran estreitas .
         No libro " Historia de Ribadavia e os seus arredores " do pai Samuel Eiján ,dinos que no ano 1137 foi fundado o mosteiro de Osera previa a doazón do Emperador de todas as terras que o rodeaban , as súas pertenzas e ingresos , outros señores e os seus sucesores séguenlle doando terras e posesións , diríase que a porfía disputábanse a honra de enriquecer ao Mosteiro . Entre outros donativos cuantiosos , figura o que lle fixeron os Condes Don Rodrigo e Dona Froila que comprende os lugares de Partovia e Esmoriz , os casales de Barón , de Aguisar , de Piñeyro , de Cobelo e os Padroados de Santiago , San Ciprián e San Fiz , etc . A parroquia de San Fiz , ata ben avanzado o século XIX , formaba parte da jurisdición de Roucos , sobre a que establecía o seu señorío o Conde de Rabadavia , só que en San Fiz , compartíao con Don Pedro de Toubes . Segundo o libro " Historia de Ribadavia e os seus arredores " do Pai Samuel Eiján di : A parroquia de San Félix de Navío , non tiña en 1487 , senón sete veciños , dependentes do Priorado de Celanova . 


Pleito dos veciños de San Fiz e outras parroquias co Marqués de Camarasa . 

Apelación por denegatoria de recurso de casación ( 30 de Marzo de 1865 ) .-
ESTINCION DE PAGO DE UNAS PRESTACIONES SEÑORIALES .- Se confirma por la Sala segunda y de Indias del Tribunal Supremo , la providencia apelada de la Sala primera de la Audiencia de La Coruña , denegatoria del recurso de casación interpuesto por el Marqués de Camarasa , en pleito con los vecinos de las parroquias de San Miguel de Osmo , Santiago de Aullo , San Félix de Navío , Santa Maria de Ceulle y San Julian de Astureses y se resuelve :
Que sólo procede el recurso de casación contra sentencias definitivas , es decir , que ponen termino al juicio y hacen imposible su continuación .
En la villa y corte de Madrid , a 30 de Marzo de 1865 , en los autos que siguen los vecinos de las parroquias de San Miguel de Osmo , Santiago de Aullo , San Félix de Navío , Santa María de Ceulle y San Julian de Astureses , el Marqués de Camarasa , conde de Ribadavia , sobre que se declaran extinguidas ciertas prestaciones que pagan al mismo como procedentes del señorío jurisdiccional y en los cuales es también parte el Ministerio Fiscal y penden ante Nos en virtud de apelación interpuesta por el Marqués de la providencia que en 9 de Noviembre del año último dictó la Sala primera de la Audiencia de La Coruña .
Resultando que el 4 de Marzo de 1864 el referido Marqués acudió al Juzgado de primera instancia de Ribadavia diciendo que tenía entendido que los vecinos de Riobóo y otros pueblos trataban de demandarle para que se declarasen abolidas ciertas prestaciones que suponian provenir de señorío y que con objeto de que no se decretara el secuestro de las mismas , sino que pudiera continuar cobrándolas hasta que recayese ejecutoria en el pleito , presentaba un testimonio que acreditaba que en uno de los juzgados de Madrid presentó dentro de los dos meses que concedía la ley , los títulos en que fundaba su derecho a exigir todas las rentas que cobraba su casa y pidió que se tuviera presente si llegaba a deducirse dicha demanda :
Resultando que estimado así , en el día 23 entablaron la demanda los vecinos de San Miguel de Osmo y demás pueblos antes indicados , solicitando en élla , por razones que anunciaron , que desde luego se decretara la suspensión del pago de las prestaciones con que contribuian al Marqués y su secuestro en poder de los mismos y en su día se declarase que aquellas eran de origen feudal y jurisdiccional , determinando en su virtud definitivamente su abolición , la cesación del pago sucesivo , la remisión de lo no satisfecho y la devolución de lo indebidamente pagado :
Resultando que el Juez , con vista de la pretensión del Marqués de que arriba se hizo mérito,al mismo tiempo que por auto de 31 de Marzo admitió la demanda , confiriendo traslado de élla a aquel , declaró no haber lugar poe entonces a la suspensión de las prestaciones :
Resultando que denegada la reforma de esta providencia por otra de 11 de Abril y admitida la apelación que despues interpuso la parte actora , se remitió el pleito a la Audiencia de La Coruña , ante la cual compareció también el Marqués a sostener su derecho y que la Sala primera de la misma a 20 de Octubre revocó los autos apelados y declaró haber lugar al secuestro de las prestaciones en poder de los demandantes hasta que recayese ejecutoria , previa fianza :
Resultando que contra este fallo propuso el Marqués recurso de casación por las causas primera , cuarta y séptima del artículo 1013 de la Ley de Enjuiciamiento civil , diciendo que por no haberse presentado incidental para la suspensión del pago de rentas , faltó el emplazamiento , la posibilidad de contestarla , y el recibimiento a prueba y que además la Sala había tenido incompetencia por decretar el secuestro por no haberse pedido propiamente éste por los actores , ni por la materia de los autos apelados :
Y resultando que en providencia de 9 de Noviembre en que apeló el Marqués , se negó la admisión del recurso por no ser definitiva la sentencia contra la cual se entablaba .
Vistos , siendo ponente el Ministro Don Ramón María de Arriola considerando que la sentencia de la Sala primera de la Audiencia de La Coruña contra la cual se ha interpuesto este recurso , no es definitiva , ni debe conceptuarse tal por no poner término al juicio ni hacer imposible su continuación :
FALLAMOS que debemos confirmar y confirmamos con las costas al auto apeladas a 9 de Noviembre último y mandamos que se devuelvan las presentes a la indicada Audiencia en forma que previene el artículo 1067 de la Ley de Enjuiciamiento .
Así por esta nuestra sentencia , que se publicará en la Gaceta del Gobierno e insertará en la Colección legislativa para lo cual se pasen las oportunas copias certificadas , lo pronunciamos , mandamos y firmamos : RAMON MARIA DE ARRIOLA - MIGUEL DE NAJERA MENCOS - JUAN MARIA BIEC - FELIPE DE URBINA - ANSELMO DE URRA .
Publicación .- Leída y publicada fue la anterior sentencia por el Ilustrímo Señor Don Ramón María de Arriola , Ministro del Tribunal supremo de Justicia , estándose celebrando audiencia pública en la Sala segunda y de Indias el día de hoy que certifico como escribano de cámara .Madrid a 31 de Marzo de 1865 .
Gregorio Camilo García .


O Capitán Bernardo González del Valle 

(Cachamuíña ) 

A pesar de que en San Fiz non houbo escaramuzas importantes , as noticias da guerra da Independencia cos franceses tocábannos de cerca .
Cando entraron as tropas napoleónicas en Galicia , a principios de 1809 , ocupando paulatinamente o seu territorio , temos constancia escrita que a comarca de Orcellón e gran parte do Ribeiro , chegaron a destacar polo seu verdadeiro patriotismo , ofrecéronse todos en masa a abandonar as súas casas , defender os seus patrimonios e conseguir así a liberdade da patria . Entón elixiron ao seu primeiro xefe e comandante Munin ( Tenente do Rexemento de Orense ), pero como queira que o exército inimigo Francés acechante e fortalecido , logo de varios paus sufridos en territorio galego , puidese esmagar a resistencia que ata o momento exercera o exercito galego , pediu axuda do Capitán Bernardo Gonzalez do Val ( Cachamuíña ) que máis tarde , cando se fixo co control das tropas , enviou copias dunha órden de recrutamento redactada por el , a todas as parroquias , percorrendo os termos de : San Clodio,San Andrés,Castro Cavadoso,Beade,San Andrés de Campo Redondo,Roucos,Maside,Casar do Mato,Amoeiro,Cenlle,Ervededo,Trasariz,Villar de Rei,Eiras,San Ciprián,Salamonde,Beariz,Grixoa,Anllo,Home,San Fiz,Osmo,San Lorenzo dá Pena,Santa Mariña,Santiago de Esposende .
A pesar de que os enfrontamentos máis graves que houbo cos franceses producíronse en Pazos de Arenteiro,Gomariz,San Clodio , as demais parroquias víronse afectadas polo recrutamento de homes para formar un corpo militar que chamaría " Voluntarios do Ribeiro "
Así consta no artigo do escritor Emilio Estévez Rodríguez na revista "Agora do Orcellón" da páxina do Estituto de Estudos Carballineses. Agora do Orcellón
Segundo José Ricardo Rodríguez Pérez , historiador e investigador : Nas terras de Maside e veciñas do Ribeiro , foron dominantes os guerrilleiros de José González González , alias " Ou labrador " un garabanés de Bouzas que foi lugar tenente de Bernardo González do Val " Cachamiuña " , este asentou un dos cuarteis xerais en Boborás , crese , no castelo de Castro Cavadoso ( Moldes ) concello de Boborás , e " labrador " fíxoo en terras de Maside con repetidas actuacións nas batallas da Ponte de San Fiz , Casardomato , San Cibrán , Ou barazal , Partovia , Ponte San Clodio , Melón , Ribadavia , e Francelos , e baixo o mando de " cachamuiña " na de Pazos de Arenteiro e na soada liberación de Vigo , loita na que por certo hai anotacións parroquiais nas terras de Maside que aseveran que guerrilleiros desta zona foron mortos alí .Xosé Ricardo Rodríguez Pérez


San Fiz no ano 1580 

No libro : " O padrón de San Clodio de 1580 " editado pola Asociación Galega de Onomástica , escrito por D. Frutos Fernández González , aparece no apartado do padrón da xurisdicción de San Clodio do ano 1580 , San Fiz de Navío formando parte de dita xurisdicción que estaba composta da siguiente maneira :
1.- Padrón de Leiro
*Leiro Grande
*A Agra
*Barzamedelle
2.- Padrón de Lebosende
*Vilaverde
*Caldas
*A Portela
*O Corbal
*Eira de Mouros
*Rubial
*Ribeira
*O Sebe
*O Convento
*A Costa
*O Candendo
*O Outeiro
*A Raña
3.- Padrón de San Clodio
*San Clodio
*A Esperela
*A Barouta e A Regueira
*Meín
*A Ponte San Clodio
*Veiga Vella
*Veiga Nova
4.- Padrón de Cuñas
*Cacabelos
*Cuñas
5.- Padrón de Vieite
*Cima de Vila
*O Val
*O Ivedo
*O Souto e O Torrón
*Cabo de Vila
*Churide
6.- Padrón das Pousas
*Granxa de Cascalleira
*Granxa e Pousa de Eiras
*Granxa de San Fiz de Navío
*Granxa de Suiglesia
*Granxa de Outeiro de Abades
*Granxa de Lamas
*Granxa de Figueiredo
*Granxa de Toscaña
*Granxa de SantiánDatos 

sacados do libro de Frutos Fernández González


Camiño Real ; o seu paso por San Fiz. 

Na antigüidade , tamén por San Fiz pasaba un camiño Real e proba diso a temos en bastantes documentos da época .
Se nos fixamos en que sempre se elixen pra guiar un camiño , entre outras aquelas referencias toponímicas que poden aludir a sua presencia coma no noso caso : A Brea ( vereda), A Longariña , A Corredoira . E pra demostrar esta afirmación basta con votar a man a un pleito e demanda de reivindicación dos veciños de San Fiz que alá polo ano 1779 levaron a cabo contra Antonio Lameiro e outros por culpa dunhas terras . Cando relata as partidas e lugares de San Fiz dice :" la heredad en el sitio de As Pombeiras , demarca por el Norte con el Camino Real que pasa por el lugar de Outeiro para Cenlle " Mais adiante volve decir : " el monte y souto que llaman das Paredes , que se haya cerrado y murado sobre sí , y que demarca por el Norte y Naciente con el Camino Real que va del lugar de San Fiz para Cenlle y otros lugares .
Pra facerse unha idea do trazado , a demanda volve falar doutra heredad chamada "Castiñeiro do campo " que demarca por el Norte con camino Real que sale de la Iglesia de San Fiz para Ventoselo " e aquí en Ventoselo bifúrcase , un o camiño real que baixa por A Brea cara a Cenlle e outro sube por Ventoselo hacia San Amaro e terras de Castela .
Ademais un punto importante neste recorrido e Ventoselo , pois e alí entre Ventoselo e A brea donde hay un sitio que lle chaman a fonte dos bois , referencia clara o paso das xugadas por estes camiños .
Hoxe pouco a pouco o alquitrán foi tapando todos os tramos donde se podían apreciar os empedrados do camiño , ainda non fai moito o tramo " das Avellaneiras " en Outeiro , a subida o " Castiñeiro Grande " desde Sergude ou a saida das terras de Riobóo por a Costa hacia Sergude , eran unha boa mostra de suelos empedrados .
Si nos paramos a pensar que as Pombeiras e outras terras da parroquia perteneceron o Monasterio de San Clodio e que nestas terras collíase bastante viño ,e fácil deducir que a salida dos carros e xentes por estes camiños non podía ser por outros lugares , pois os terreos desta parroquia son bastante escabrosos e empinados . 


Xurisdicions e Axuntamentos os que perteneceu   

San Fiz . 

Según varios legajos que pertenecen a Encomienda de Beade , a parroquia de San Fiz de Navío no ano 1407 , formaba parte do Partido de Abia-Allá , da mesma Encomienda , estes legajos enumeran distintas propiedades desta parroquia que a Encomienda aforou a veciños de San Fiz .
No libro " Ribadavia y sus alrededores " do Padre Samuel Eiján ; fai referencia a San Fiz de Navío , dicindo que no ano 1487 , non tiña mais que sete veciños , dependentes éstes dun dos Prioratos de Celanova .
Noutro libro " O Padrón de San Clodio do ano 1580 " do Profesor D.Frutos Fernández González , San Fiz de Navío , aparece no padrón das pousas como A Granxa de San Fiz de Navío .
No Catastro de Ensenada de 1752 , San Fiz forma parte das catorce feligresías das que se compón a Xurisdición de Roucos , se ben Outeiro era un coto a parte .
Según documentos do Instituto Nacional de Estadística , dentro do apartado : alteracións dos municipios nos censos de poboación dende o 1842 , San Fiz pertenecía o Axuntamento de Salamonde .
Dende 1857 o Axuntamento de Salamonde , pasa a chamarse : Axuntamento de San Amaro , o que permanece hasta a actualidade .
Merece a pena mencionar que o documento redactado ante o escribano D.Manuel Vázquez Charlón , por parte do abogado Don Juan Francisco de Prado y Fuentes , veciño de Villarderey , o día 26/06/1811 , firmouse na Casa da Audiencia da Xurisdición de Roucos , sita no lugar de San Amaro de Montes , parroquia de San Fiz de Navío . Ou sexa que San Fiz daquela era un pobo máis poboado e mais importante que o que ahora e o noso Axuntamento .


¿ O balcón do Ribeiro ? sigo coa mesma teima . 

De que San Fiz e terra do Ribeiro , non me cabe a menor dúbida , deixando a un lado os erros burocráticos ou a falta de interese do Axuntamento o integrar a Touza na Denominación de Orixe a deixar a San Fiz fora , centrareime en aportar algún dato mais a esta afirmación .
Xa dende mediados do século XII os monxes de San Clodio impulsaron e fomentaron o cultivo do viño , tomo prestadas as palabras do profesor Frutos Fernández nun estudo realizado sobre a familia na Xurisdicción de San Clodio a finais do século XVI . Neste traballo aparecen os veciños e habitantes das pousas e granxas sobre as que o Mosteiro de San Clodio tiña xurisdicción , entre estas pousas e granxas , que unhas estaban en terras de pan coma Cascalleira , Lamas , Santián , Figueiredo ou Toscaña e outras en terras de viño coma Eiras , Outeiro de Abades (Salamonde) , Outeiro (San Fiz de Navío) e Suiglesia(Gomariz). A vista queda a importancia desta granxa de Outeiro , aportando viño das Pombeiras , heredade diste Mosteiro , a bodega de dito Mosteiro de San Clodio . Figuraban nesta granxa de Outeiro : 4 veciños con 15 habitantes .
Nun artigo anterior deste blog , xa deixei constancia das similitudes da orografía , ambientais e de microclima das terras de San Fiz comparándoas coas do Ribeiro .
Por tanto sigo coa mesma teima reclamando a entrada na Denominación de Orixe do Ribeiro , e non descansarei hasta que o meu fillo , se asome a fiestra da casa dos seus abós e poida dicir : " Estou no balcón do Ribeiro " , confirmando aquelas palabras que nos adicou o noso insigne veciño de San Clodio D. Eladio Rodríguez o poeta do Ribeiro. 


Os vóos americanos do 1956. 

Hoxe toca botar a vista atrás e ver como eran os terreos en San Fiz alá polos anos 50 e 60 e para iso vou utilizar as imaxes dos voos americanos do ano 1956 , agora explícome :éstes voos foron realizados polo Exército dos Estados Unidos en colaboración co Exército Español pra realizar fotos aéreas do territorio nacional .
As imaxes foron tomadas a uns 5.000 Km de altitude , as fotogramas abarcan 42 Km cadrados con aproximadamente 6 Km de lado e teñen unha escala de 1:30.000 . Das series A e B destas imaxes existen copias no centro cartográfico e fotografico do Exército do Aire .
Si entón observamos unha daquelas fotos,concretamente a da folla 0187A-0307 que corresponde a malla que abarca a Parroquia de San Fiz de Navío veremos que case toda a Parroquia estaba coberta de terreos cultivados , xa non digamos os núcleos importantes de poboación : O Outeiro , Sergude , Casasnovas , A quintá ou Barrio , senón tamén os pequenos poblados : A Brea , Calve , Sandulces , Souto de Faixo dos cales algún xa desaparecido na actualidade . Os montes reducíanse o que era O Barazal , A Longariña , A Corredoira , Mascaroute , A Xesteira , O Picouto e poucos mais , o resto eran terreos de labradío , incluso o monte estaba perfectamente limpo por un número bastante grande de cabezas de gando que daquela había en todas as aldeas do pobo .
Onde mellor se pode apreciar esta reducción do uso do solo co paso dos anos e si comparamos estas fotos dos voos americanos do 1956 coas fotos cartográficas do SIOSE do ano 2005 ou ben cos ortofotos PNOA do ano 2009 , entón atopamos que o solo cultivado reduciuse un 60% aproximadamente , xa só quedan os terreos que limitan ou están moi próximos os núcleos habitados , o manto arbóreo foi cubrindo o que antaño eran terras de viño , patacas ou cereais .
Aquí véñenme o recordo os datos que aparecen no Catastro de Ensenada do 1747 , enumerando os productos que se cultivaban daquela en San Fiz : Cebada blanca , trigo , garbanzos , millo , centeo , fabas , cebolas , liño , castañas , viño blanco e tinto etc . Si ademais temos en conta que estábamos dentro das antigas terras de Castela nunha zona que se denominaba terra de viño , comprenderemos que as extensions cultivadas fosen de tal envergadura.
Decir por último que éstes voos comenzaron no ano 1946 , pero as imáxes que realmente utilizamos son as dos voos do 1956 , pois dentro da Xunta de Galiza , no Instituto de Estudos do Territorio temos un punto de acceso a esta información xeográfica .


Só hay un San Fiz ? Sí ; un cento ... 

Xa dende pequeno , cando empecei a ter conciencia dos nomes , preguntábame : cántos San Fiz había en todo o mundo ... e como os límites xeográficos non pasaban da Corredoira , chegueí a conclusión de que San Fiz só había un i era o que eu coñecía o de Navío , pouco a pouco o mapa foise extendendo e fóronse sumando mais e mais , hasta que o outro día din un paseo por a nomenclatura de Galicia e encontreime coa sorpresa de que eran mais dos que eu pensaba :
Na Coruña :
San Fiz de Solovio ( Santiago)
San Fiz de Monfero ( Monfero )
San Fiz de Vixoy ( Bergondo )
San Fiz de Anllóns ( Ponteceso )
San Fiz de Brión ( Santiago)
San Fiz de Vimianzo ( Vimianzo )
San Fiz de Quión ( Touro )
San Fiz de Esteiro ( Cedeira )
San Fiz de Mañón ( Mañón )
San Fiz de Sales ( Santiago )
En Lugo :
San Fiz de Reimondez ( Sarria )
San Fiz de Asma ( Chantada )
San Fiz de Cangas ( Pantón )
San Fiz de Vilapedre ( Sarria )
San Fiz de Paradela ( Paradela )
San Fiz de Rubián ( Bóveda )
San Fiz de Donís ( Cervantes )
San Fiz de Amarante ( Antas de Ulla )
San Fiz de Paz ( Outeiro de Rey )
San Fiz de Cerdeiras ( Begonte )
San Fiz do Hermo ( Guntín )
En Pontevedra :
San Fiz de Forzans ( Puente Caldelas )
San Fiz de Besexos ( Vila de Cruces )
San Fiz de Solobeira ( Villagarcía de Arousa )
San Fiz de Nigrán ( Nigrán )
San Fiz de Xesta ( Dozón )
En Ourense :
San Fiz de A Veiga ( A Veiga )
San Fiz de Taboadela ( Taboadela )
San Fiz de Toén ( Toén )
San Fiz do Varón ( Carballiño )
San Fiz de Chandrexa ( Chandrexa de Queixa )
Resto de España :
San Fiz do Seo ( Trabadelo ) ( León )
San Fiz de Visonia ( Villafranca del Bierzo )
San Fiz de Viso ( Corullón ) ( León )
San Felix de Tineo ( Asturias )
San Felix de Barruera ( Cataluña )
San Felix de Orbigo ( León )
San Felix de Arce ( Cabrillanes ( ( León )
San Felix de la Valdería ( León )
San Felix Tentegorra ( Murcia )
San Felix de Valois ( Jaen )
San Felix de Oca ( Villafranca )E outros moitos que sei que me quedan no tinteiro , ademaís das formas : " San Fins " , " San Félix " , " San Feliu " " San Feliz " etc . 


Usos e costumes d'outros tempos. 

Algunhas costumes está ben que se perdan, coma a que afectaba os veciños de San Fiz e os de Osmo, durante a celebración dos festexos das súas Patroas alá polo mes de Setembro, os que teñen algúns anos saben do que falo.
Fai moitos anos, cando a Virxe de Osmo era a Virxe das Viñas e a de San Fiz a Virxe do Perpetuo Socorro, non acontecía nada que enturbase a ledicia deses días, hasta que un cura novo chegou a parroquia de Osmo e propuxo a celebración dos festexos o mesmo día que os de San Fiz, e cambiou o nome da Virxe polo de Virxe do Socorro.
A partir dese momento destapáronse as rencillas, e xentes que compartían vecindade, fincas e taberna, cando chegaban as festas aparecían os nubarrons da hostilidade, chegando hasta os extremos de que un ano os mozos de Osmo apareceron por o campo da festa de San Fiz e despois de facer as súas necesidades enriba do palco, puxeron varias gabelas de toxos debaixo do palco da orquesta que era de madeira e prendéronlle un misto, ardendo o palco por completo .
Os mozos de San Fiz non se quedaron de brazos cruzados e o mesmo día da festa foron a verbena, levando a venganza mais alá do permisible, pois todos portaban navallas debaixo das súas roupas, e pasaron por entre a xente acoitelando os que eles creían causantes do incendio do palco, a cousa foíselle des mans e tivo que actuar a garda civil.
Foron pasando os anos, e cada vez que tocaba o anuncio da festa, con bombas e repique de campás, os ánimos íanse acendendo, non faltaba o berro dalgún rapaz desde o campanario da Igrexa berrando "San Fiz, non poledes".
Nos anos siguintes o enfrentamento limitábase a competir en orquestas e lanzamento de fogos, daquela varios veciños de San Fiz, xa casaran con veciñas de Osmo, e as hostilidades desapareceron, cando a xente empezou a comprender que coma Romería era millor a de Osmo,e como festa de orquestas a mellor era a de San Fiz.
Na actualidade veciños de Osmo e de San Fiz, mézclanse agarimosamente en ambos festexos e intentan pasar o mellor día de festa posible e cada un defende a súa maneira as costumas de cada pobo. Xa hay moitos anos que as diferencias quedaron enterradas, e cada feligrés de cada parroquia pídelle a súa Virxe os favores necesarios pra seguir ano tras ano celebrando esa tradicción. 


Florindo ; o carteiro de San Fiz 

Eu recórdoo montado nunha Orbea, pero según os mais vellos antes facíao a lombos dun cabalo, e proba diso e que fai un montón de anos contoume, sentado na solaina, como un día do cru inverno, cando viña de recoller o correo de Barbantes, o chegar a "Longariña", atacouno un lobo e derrubouno do cabalo, unha vez no chan, o animal colocou o fuciño cerca da sua boca, pra asegurarse que estaba morto, menos mal que o Florindo contivo a respiracion, entón o lobo, coas patas traseiras empezou a cubrilo de follas e saiu camiño da "Corredoira", mentres o carteiro moi asustado escapou cara a súa casa, escoitanto coma o lexos oubeaba o lobo pra xuntar a manada, cando chegou a casa tiveron que darlle o carteiro unhas fregas con augardente para sacarlle o medo de enriba.
Aínda hoxe dudo da certeza do relato pero a verdade e que impactoume.
Florindo naquela época, de escasas televisións, era pra nos coma o telexornal de cada día, esperábamos as novas dos nosos parentes lexanos, era raro que alguén da Parroquia non tivese unha carta: da Sra Ramona dende Arxentina os da Quintá, dos fillos do Escaleira dende México os da Reguenga, de Venezuela ou de Suiza os de Outeiro ou mesmo dende Australia os da Carballeira. Non obstante, os nenos, pensábamos mais na súa bicicleta que nas novas que chegaban dé fóra, pero sempre ya deixaba os mais grandes: o Jorge o Pucho, pero a nós, os máis pequenos, sempre nos poñía a pega de que si caíamos dela, por enriba, daríanos unhas labazadas o chegar a casa.
Baixaba as "Avellaneiras" asubiando unha canción, e as mulleres da casa deixaban a cociña e disimuladamente saían o camiño, se o Florindo pasaba de largo, deixando só un saúdo, era motivo de tristura, ainda que o mesmo tempo quedaba o consolo de: mañá será outro día. Por as súas mans pasaron: cartas de amor, de tristes novas, de denuncias, felicitacións, citacións, todas tiñan un destinatario e sempre eran entregadas a tempo.
Aquela carteira grande o lombo desataba unha morea de sentimentos, hoxe permanecerá pendurada nunha triste estanza deshabitada, escoitando pasar a toda velocidade os SMS , MMS, e os e-mail que impactan pola súa rapidez pero que ignoran a tenrura que espertaban aquelas longas cartas sementadas de emocionantes recordos e cociñadas a fogo lento, sin mais ingredientes que un lapis e un papel en branco.


Argemiro e Atelvino, arrieiros de San Fiz. 

Coma todo pobo do Ribeiro, San Fiz tamén ten un pasado "arrieiro". Tendo en conta que foron moitas as fincas diste pobo que perteneceron o Mosteiro de San Clodio, podemos afirmar que por a nosa parroquia tamén pasaban rutas secundarias que confluían no principal "camiño dos arrieiros" que do Ribeiro subía as terras de Montes, Silleda, A Estrada ou Lalín.
Vestixios desa época quedan na parroquia, camiños coma o da "corredoira", "a brea" que antaño coma o seu nome dí era unha vereda de paso pra xentes, gando e carruaxes. Lugares coma o de " fontebois" a un lado de Ventoselo que era donde facían un alto no camiño as xugadas que transportaban viño hacia terras de Castela.
O catastro de Ensenada fala dun home de San Fiz chamado Agustín Varela que por aqueles anos exercía de arrieiro o que se lle regulaban uns 46 reais de gañancias.
Pero voume centrar en épocas mais cercanas e recordar a Argemiro e Atelvino que sen dúbida foron os arrieiros mais importantes de San Fiz.
Non despuntaba o alba cando as rodas dos carros cantaban o seu paso polas "avellaneiras" tratando de sortear unha alfonbra de croios, o fronte da xugada ía o arrieiro, no verán pra arada cara "o barreiro" , no inverno hacia "o barazal", a cargar unha carrada de estrume, no outono coa súa tinalla chea de uvas pras bodegas de San Fiz e na primaveira pra semente do millo alá por a Quintá.
Homes rexos, curtidos o sol e a gurriana que castiga estas terras, pero éles sempre erguidos coa aguillada o lombo, diante da súa xugada que o sigue sexa por donde sexa, non importa que baixen a "espedregada" ou que suban por "as candorcas", as veces hay que parar e poñer unha forra o carro pra que descansen, mentres o arrieiro bota un cigarro ollando o camiño andado, terá que voltar cen ou duascentas veces mais, pero non importa, o sacrificio e unha das súas virtudes, segue sentado na pedra e a cabeza vénselle aquela copla:
" A vida do arrieiro
non hay vida coma ela
a semana na carreta
e o domingo na taberna"
Bótalle outra calada o cigarro e tamén recorda aquelo:
O cantar do arrieiro
é un cantar moi baixiño
cando canta en Ribadavia
resóa no Carballiño.
Acaba o cigarro, colle a soga entre as mans e sigue o camiño costa arriba cantaruxando:
Meniña si te casas / cásate cun arrieiro / que trae a bota con viño / e a bolsa con diñeiro .
Apura os últimos metros do camiño , mirando pro sol que xa pousa alá por o alto de Pena Corneira e acórdase que colgada nun estadullo leva a bota de viño, apalpa, e sorte que ainda queda un grolo de viño, límpase co pano a boca e venlle a cabeza aquel refrán dos arrieiros: "Mentres auga leve o Miño, no Ribeiro non faltará viño". 


Contribución de cuota fixa para o ano 1838. 

Lonxe de facer comparacións, que por outro lado son odiosas, quero amosar un estado xeral demostrativo da cantidade en reais de vellón que cada parroquia debía de pagar o ano a Facenda Nacional.
Despois de estar padecendo nas nosas carnes o rigor e o castigo despiadado dos números do tandem Montoro-Guindos e conmovedor ver o sinxelo que era no ano 1838 cumprir coa Facenda Nacional. Non vou dicir que fora fácil para aquelas xentes naqueles intres pero sí que a forma de mostrar a contabilidade era entendible non había doble intencionalidade nin palabras rebuscadas, era sinxela coma vida mesma.
Era unha contribución de cuota fixa, a nosa parroquia, en concreto, pagaba:
1º.- Por encabezamiento de provinciales, que se pagaba por tercio: 2.666 reais e 14 maravedíes
2º.- Por encabezamiento de alcábalas enagenadas que se pagaban por tercios : este ano non se pagou nada.
3º.- Por encabezamiento de 4 maravedíes por libras de jabón, que se paga por tercio: 28 reais e 8 maravedíes.
4º.- Por encabezamiento de penas de Cámara, que se paga o final de cada ano: 10 reais.
5º.- Contribución de utensilios, que se paga por tercios: 234 reais.
6º.- Recargo de utensilios, que se paga por trimestres anticipados: 276 reais.
7º.- Total de contribucións para a Facenda por cuota fixa: 3.214 reais e 22 maravedíes.
8º.- Corresponde os Axuntamentos polo 3% en cada parroquia por utensilios e recargos: 15 reais e 10 maravedíes.
9º.- Total xeral que debe pagar esta parroquia de San Fiz por ditas contribucións: 3.229 reais e 32 maravedíes.


Lista de electores por San Fiz de Navío. 

Según o Boletín Oficial da Provincia de Ourense, correspondente o día 7 de Enero de 1880, esta era a lista de electores remitida o Goberno Civil de Ourense, do distrito electoral do Carballiño, Axuntamento de San Amaro en concreto da parroquia de San Fiz. Son electores en concepto de contribuíntes.
Como podedes ver non había mulleres na lista pois ainda non se aprobara o sufraxio femenino, que en España foi recoñecido na Constitución de 1931, que mais tarde foi anulado por a dictadura de Franco, volvéndose exercer en 1976 durante a Transición Española.
Nesta lista podedes ver apelidos moi coñecidos, uns todavía presentes nos descendentes que na actualidade viven na parroquia, outros xa desaparecidos, pero que os de mais edade nos soan ainda,son os siguintes:
Angel Fariña Cibeira
Antonio Cendón Gonzalez
Blas González Rodríguez
Enrique Ordóñez
Esteban Veiga González
José López Domínguez
Francisco Vázquez Alvarez
Jose Ferreiroa Alvarez
Jacobo Pérez Rodríguez
Mariano Sánchez Toubes
Manuel Vázquez Gogella
Miguel García Caballero
Manuel Vázquez Romero
Manuel Soto Varela
Miguel García Barrio
Ramón Ordóñez Castro
Santiago Domínguez Vega
Joaquín Núñez Santana(cura)
Norberto María Pardo Fernández(notario)
Manuel García Centeno(abogado) 


" A luctuosa " ou " loitosa " 

O Mosteiro de San Clodio recibía unha "luctuosa", un tributo, con respecto os dereitos que cobraba como consecuencia da súa condición de señorío xurisdicional, sobre os foreiros das súas terras,esta luctuosa só a pagaban os vasallos dos Chaos de Castela e algunhas pousas, niste caso tamén a pousa de San Fiz. O importe podía ser de un cuarto, un quinto ou un sexto dos frutos que collían nos seus viñedos.
Na granxa de Outeiro da pousa de San Fiz, no siglo XVI os veciños que a conformaban eran os seguintes:
* Juan Gómez e Ana da Touza súa muller, que tiñan un fillo que se chamaba Mateo e unha filla que se chama Marta, ambos pequenos, non tiñan criados.
* Jácome do Outeiro e a súa muller María Rodríguez, tiñan catro fillos e unha filla o primeiro chamase Francisco o segundo Miguel o terceiro Juan e o cuarto Lorenzo, a filla chámase Dominga, todos son pequenos e viven con seus pais, non teñen criados.
* Inés Gómez, viúva de Bastián Ferrero, ten unha filla pequena que se chama Catalina, non ten tutor e pobre que se sustenta do que lle dan.
* Jhoana Rodríguez e moza solteira , non ten fillos nin criados.
* María Rodríguez, moza solteira, non ten fillos nin criados é irmá de Jhoana e viven xuntas na mesma casa.Sacado da páxina de Frutos Fernández González


Ano 1918 : Devastador incendio en Sandulces. 

Moi grande debeu de ser o incendio que se produciu en Sandulces a mañá do lus 5 de Agosto de 1918 que hasta o ABC se fixo eco de dita noticia .
Xa conocemos a importancia deste lugar considerado alá polo ano 974 como " Vila de Santurci" e recordado logo polo Padre Samuel Eiján no seu libro "Historia de Ribadavia y sus alrededores" que no ano 1920 dice que a vila Sandulces pertenece a xurisdición de San Andrés de Camporredondo.
No momento do incendio o lugar constituíano cinco vivendas, as cales foron destruidas na súa totalidade con todos os enseres que había dentro, soamente se salvou o gando. Di o cronista que afortunadamente non ocurriron desgracias persoais.
Nunha casa desta aldea , que noutrora,fora oficiña recaudatoria onde se pagaban os diezmos o señorito do Coto de Sandulces, tamén se firmou o expediente nº3255 de D. Francisco Antonio de Toubes y Ordóñez, para probar a súa fidalguía e a pertenenza a rama dos Toubes da casa da Touza e de Riobóo.
Na actualidade trátase dunha aldea semiabandoada con unha ou duas casas habitadas e o resto derruidas. 


" As tradicións seguen " 

Como vemos nas fotos, entre as cales ben pode haber uns 50 anos de diferencia, en San Fiz séguese conservando a procesión da Patrona e tamén a costume de dar a volta coa Santa ao redor do cruceiro, o que pasa e que antigamente estaba situado á beira da escola e fai xa bastantes anos trasladouse o cruce de carreteras que sube hacia San Amaro e a que vai pra Cenlle.
Di na introdución do libro "Danzas Gremiais e procesionais da Provincia de Ourense" : As procesións surxen do empeño da Igrexa de impregnar de tintura relixiosa toda manifestación humana, esto levou a que moitas celebracións, pagáns na súa orixen, se acomodasen aos intereses relixiosos e procurasen ocultar o seu paganismo con símbolos e referentes da historia e da doutrina do cristianismo.
En San Fiz as procesións constituían un culto colectivo con intencións de rogativa ou de acción de gracias polos froitos do campo, comentan os mais vellos da parroquia que en anos de seca levávase en procesión o San Félix a mollar os pes no regato das Puzas, pra pedir que voltaran as choivas.
Eu voume quedar con esta sinxela tradición de ir coa procesión dende a Igrexa ata o cruceiro das proximidades ao redor do cal vira outra vez de cara a capela, e rememorar deste xeito a aqueles antepasados nosos que con un gran fervor relixioso, vistindo as mellores galas rendían un fermoso homenaxe a nosa Patrona. Deixo as interpretacións os mais entendidos da materia e animo a seguir honrando a memoria ancestral que ano tras ano nos leva a Carballa a rendir culto a nosa Virxen do Perpétuo Socorro.


Un raio abateu a espadana da Igrexa de San Fiz. 

Lendo detidamente o traballo de D. Rafael Tobío Cendón sobre " A Igrexa románica de San Fiz de Navío", atopei un detalle que me gustaría destacar.
Si temos en conta que a espadana, lugar donde se aloxan as campás, debido as características construtivas que mostra, sábese que a orixinal, románica na súa totalidade, foi sustituida pola actual de construción medieval de corte renacentista. Ademais a ventana de tipo moderno que se abre encima da portada, posiblemente sustituida por unha ventana saetera formada por un arco de medio punto.
Todo esto leva o autor a supoñer que a espadana foi abatida por un raio o que reforza esta opinión tamén e que na parede pétrea do hastial, a altura dos cimacios das columnas que soportan a arquivolta da portada principal, obsérvanse unhos entrantes escasamente pronunciados, matado en arista viva, esa discontunuidade indúcenos a pensar nunha reconstrución do paramento.
Hay que decir tamén que non só afectou a espadana senón tamén o lienzo pétreo da fachada.
Un detalle curioso e que coroando a espadana e encima dun simple piñón definido pola doble vertente que cúbre os paramentos atopamos unha cruz de triple brazo e o curioso e que está en posición invertida, quizais polas múltiples remodelacións que sufriu a espadana.
A idea do autor non parece tan desatinada si temos en conta que esta aldea foi sempre propensa a ser o lugar de encontro de varias tormentas que descargaban grandes aguaceiros e aparato eléctrico, recordemos que no altar maior, de dita Igrexa, venérase unha imaxen de Santa Bárbara, patrona das tormentas.


" Acerca de la manifestación " 2 de Octubre de 1910. 

Repasando recortes do diarío "La Región", atopei un con fecha 2 de Outubro de 1910, dode se relata unha manifestación de caracter relixioso - político pa protestar contra un goberno que non gustaba a Igrexa, pois ben, nesa manifestación fálase que se xuntaron mais de 6.000 personas, o artigo chámase: " Acerca de la manifestación", e dí esto:
Caldeados todavía por el fuego del entusiasmo, tomamos la pluma para dar cuenta de la manifestación católica que anteayer se celebró en la parroquia de San Fiz de Navío.
Como conclusión de la Santa Misión que venían predicando, con inmensa influencia de gente, los padres Redentoristas, anunciaron que el último día de ella, jueves 29 de Septiembre, la triunfal procesión de la Santa Cruz que suele coronar tales ejercicios, se convertirá en manifestación católica, en protesta resuelta, vibrante, enérgica contra el Gobierno que pretende tiranizar en la Patria la libertad y la religión.
¿Qué más se necesitaba para enardecer el entusiasmo de los ribereños y montañeses de estos pueblos y lanzarlos a los últimos límites del delirio ? Así pues en efecto. Rayó el suspirado día y por la tarde la parroquia de San Fiz fue el lugar de cita de millares de personas, que venían rebosantes de alegría para manifestar el público anhelo de la Patria.
A las tres de la tarde se organizó la manifestación saliendo del atrio la gran muchedumbre, formada en filas y dirigiéndose a un monte vecino, para maldecir más cerca del cielo los planes inícuos de un Gobierno de la tierra.
A un lado de la montaña y a la derecha de la cruz, que presidía el acto, se colocaron las mujeres, a la izquierda los hombres, calculándose el total de la muchedumbre en más de 6.000 personas.
Era sobre todo muy grande el número de hombres, que formados en filas, parecían pedir con ademán gallardo la órden de combate.
Mientras todo se ordenaba, un nutrido coro entonaba himnos religiosos, ensayados para el acto y que parecían al mismo tiempo plegarias fervorosas y gritos de batalla.
Después el Padre Paulino Turiso, subió a un alto del terreno desde donde dominaba toda la gran muchedumbre y enardecido por el espectáculo, dirigió una alocución vibrante con todas las energías y el entusiasmo de su corazón. En ella expuso los planes antirreligiosos del Gobierno, protestó contra la tiranía, felicitó al público por la gran manifestación y exhortó a todos los que pudieran se dirigieran a Orense el día 2 de Octubre.
A continuación leyó una adhesión valiente e incondicional a la Junta Católica de Orense y a la manifestación de toda la provincia que tres días después había de celebrarse en la capital. La muchedumbre aplaudió con inmenso júbilo la adhesión.
Al terminar, el Padre Jiménez, enardecido y arrebatado, dió vivas a la religión y a la Patria y mueras a la impiedad y la tiranía. Los concurrentes le corearon con todo el fervor de sus pechos y todo el poder de sus voces, haciendo resonar con ecos prolongados las sinuosidades y barrancos de las vecinas montañas. Aquello parecía el trueno de una nube, que amenazaba con descargar todas las iras encerradas en su seno; y era en realidad, la explosión de la fe de una comarca que demandaba respeto para la religión de sus amores.
Asistieron casi todas las personas hábiles de los Ayuntamientos de Cenlle y San Amaro, en cuyos términos se celebraba el acto.
Tres causas concurrieron a dar brillantez al acto y sirvieron de glorioso pedestal al monumento que ayer levantaron los habitantes de la comarca, en estas montañas eternamente oreadas por los vientos de la fe.
A pesar de la abundante lluvia de la mañana, y de lo inseguro de la tarde, a pesar de no ser un día festivo y a pesar de los apremiantes trabajos de la vendimia, estos valientes, dejándolo todo y pasando por todas las dificultades, obedientes a la voz de la religión, acudieron a cumplir con el deber que las presentes circunstancias les imponían.
¡ Gloria a esta comarca que en pleno se adhiere, con sus pueblos de San Fiz de Navío, San Miguel de Osmo, San Lorenzo da Pena, Santa María de Cenlle, San Juan de Sadurnín y San Miguel de Villar de Rey !
¡ Viva Orense, Galicia, España, el Papa, Jesucristo Rey eterno de los siglos !
Antonio Fernández Méndez, párroco de SanFiz; Manuel Galiña, ecónomo de Osmo; Salvador Fernández, párroco da Pena; Fidel Rodríguez, ecónomo de Cenlle; Pedro Fernández , párroco de Anllo; Vicente R Sierra, párroco de Beariz; José Benito Sousa, ecónomo de Sadurnín; Jesús Puche; P. Donato Jiménez y P.Paulino Turiso, redentoristas.
Se adhieren al mitin de hoy las parroquias de: San Fiz de Navío,con las asociaciones de Hijas de María,las del Perpetuo Socorro y del Santísimo Rosario en número de 400 personas.
La parroquia de Osmo, con la asociación de Hijas de María y del Santísimo Sacramento, en número de 500 personas.
La parroquia de San Lorenzo da Pena, con la asociación de Hijas de María y del Rosario, en número de 800 personas.
La parroquia de Cenlle, con la asociación de Hijas de María y del Sagrado Corazón, en número de 1.000 pesonas.
La parroquia de Sadurnín, con la asociación de Hijas de María y la de San Juan, en número de 300 personas.
La parroquia de Villar de Rey, con la asociación de Hijas de María y del Buen Jesús, en número de 400 personas.
La parroquia de Beariz, con la asociación de Hijas de María y del Sagrado Corazón, en número de 400 personas.
La parroquia de Anllo, con 800 personas.
Entre oleadas de entusiasmo hase celebrado manifestación católica, como glorioso término de la Santa Misión, predicada por los padres redentoristas. Una muchedumbre de más de 6.000 personas, de los Ayuntamientos de Cenlle y San Amaro, reunida en los campos de San Fiz de Navío, se adhieren incodicionalmente a la manifestación de la capital, protestando enérgicamente contra la conducta del Gobierno que pretende tiranizar nuestra libertad y nuestra religión.
Dicen que a fe move montañas i e certo ...pero mais certo e que esta xente de antes non iba aguantar todo o que nos están a facer os gobernos da actualidade.


A misteriosa " madriña " do Club Navío de San Fiz. 

Despois de moitos anos buscando información sobre a foto do equipo do Club Navío de San Fiz e da súa "madriña", hoxe diu resultados. Gracias a unha publicación que atopei da Revista " Vida Gallega: ilustración regional", nela, aparece a foto do equipo de San Fiz e dice : " En el pueblo de San Félix de Navío se inauguró el día 9 de Mayo de 1933 a las 3 de la tarde un espacioso campo de fútbol, el cual bendijo el virtuoso párroco Don Miguel Rodríguez, asistiendo a dicho acto numerosas personas y celebrándose a continuación un amistoso partido, entre el titular de aquella localidad " Club Navío" y el "Celta de Razamonde", actuando de madrina la hermosa y elegante señorita Julia Rodríguez Mosquera que tuvo la gentileza de hacer entrega al capitán del equipo forastero, de un bonito ramo de flores y obsequiar a los locales con sendos escudos con los emblemas del equipo, bordados por ella misma con los colores regionales.
La lucha se deslizó dentro de la mayor armonía con dominio alterno de los dos bandos contendientes y finalizó con empate a un gol."
Por tanto xa sabemos que a madriña era Julia Rodríguez Mosquera, queda ahora por investigar a qué familia de San Fiz pertenecía. 


Club Navío de San Fiz , 20 de Maio de 1933. 

Case que todos os nosos recordos seadeiros parten do campo de fútbol do Picouto e da S.D.M San Amaro, pero vou refrescarvos a memoria.
Alá polo 20 de Maio de 1933 o diario "Vida Gallega" Ilustración Regional, editaba na súa editorial de deportes a foto que aparece na cabeceira, referíndose o equipo de fútbol de San Fiz de Navío coa súa madriña no centro, na devandita foto móstrase unha señora que chamaban a " madriña" e a súa función no clube non era outra que lavar a equipación dos xogadores e coidar dela durante toda a tempada, era indispensable en todo equipo que se preciase, e sempre saía na foto.
Unhos anos mais tarde o domingo 9 de Abril de 1944, no diario " El Pueblo Gallego ", na sección de deportes relata a final do campeonato da siguinte maneira : " Hoy, domingo, se desplazarán a Cenlle para jugar la final del campeonato el Club Navío, de San Fiz y el Deportivo Ourantes F.C.
El partido promete ser muy reñido, ya que el primero de estos equipos reforzará sus líneas con los mejores elementos de Carballiño y Dacón y el segundo alineará varios elementos de la Tercera División. El partido dará comienzo a las cuatro en punto de la tarde.
O único pesar que me queda e que despoís de moler a cabeza de meu pai durante mais de seis anos, a memoria non perdona, non me soupo recoñecer a nadie na foto, si se recorda deses reforzos de xogadores de Carballiño, Dacón e Partovia, e dos seus nomes, pero desta foto en concreto non se recorda.
" O olvido pode ser a mellor medicina pro dolor do corazón "


Asoladora tormenta en San Fiz, ano 1898 

O próximo día 29 de Xulio, fai 121 anos que o diario de Santiago " El Eco de Santiago " amosaba nuha columna do interior un suceso acaecido en San Fiz de Navío, dice así literalmente : " En San Felix de Navío perteneciente al distrito de San Amaro (Carballino), cayó el día 17 un terrible pedrisco que asoló por completo las tierras , destruyó las cosechas y dejó a aquellos infelices en la más profunda miseria.
Todo lo que habían sembrado y prometía buena recolección ha sido arrasado, especialmente el vino. Las cepas quedaron en tal estado que por lo menos en dos años no producirán nada ".
Esta noticia ven o caso pois estes días de Xulio os telediarios non paran de emitir noticias catastróficas de tormentas que se producen o longo de todo o territorio español. O mesmo ocurría nos tempos dos nosos avós e bisavós, ainda que ahora o fagan en mais cantidade e intensidade. 


Os penedos mais senlleiros do concello do San Amaro. 

Hoxe toca dar un repaso pola toponimia do Concello, pero desta vez quero facer alusión as pedras e penedos que aparecen como tipoloxía accidentes na toponimia de galicia.
Existen infinidade de afloracións deste tipo en todo o Concello, ainda que eu remítome soamente os que aparecen na Toponimia de Galicia.
Todos coñecemos algún penedo de formas caprichosas onde a imaxinación chega hasta donde a queiramos estirar. Eu só fabrico alas, vos podedes chegar hasta donde vos propoñades.
Outro día falaremos desas rochas de formas diversas aderezadas con algunha que outra foto.


As tradicións. 


As tradicións perduran, ainda que este ano por mor da pandemia, non sexa coma todos os anos anteriores.
Entre estas dúas fotos hay cincuenta anos de diferencia, con todo, as costumes e a fé na Patroa Virxen do Socorro, seguen a ser as mesmas.
Antigamente a procesión saía da Igrexa e baixaba polo campo da festa da Carballa hasta dar a volta ao rededor do cruceiro que estaba a carón da escola. Hai uns anos, dito cruceiro foi trasladado o cruce de camiños que vai un hacia Ventoselo e outro hacia a Carballeira, polo que na actualidade mudou o recorrido da procesión.
Estas tradicionais festas da Patroa, así como a procesión e os festexos, teñen un gran arraigamento entre os veciños da parroquia, son uns días de asueto despois dos duros traballos da sementeira e da procura dos frutos, e antes de escomenzar a tan desexada vendima que encherá as bodegas dos colleiteiros e traerá uns cantos euros extra os petos dos veciños.
Son unhas datas que enchen todas as casas de familiares, amigos e forasteiros que en gran número son emigrantes noutras terras alén dos mares.
Nestas datas de convivencia íntima con familiares e amigos o pobo mostra esa outra cara amable, servicial e humilde que o resto do ano tamén posúe pero que se ve empañada pola dureza das tarefas do campo.
O recorrido da procesión remata as portas da Igrexa, con ese momento tan esperado que e a "poxa" donde os devotos poxan para ver quen se fai cos chanzos da carroza pra metela na Igrexa, compre decir que os mais achegados a Santa son os mais caros. 


Emprendedores na parroquia. Anos sesenta. 

A comenzo dos anos sesenta , cando está en pleno auxe a emigración masiva, Galiza expulsa 500.000 habitantes, o que significa o 40% da emigración total habida entre 1860 e 1970.
Da mesma maneira os Plans de Desenvolvemento, que protagonizaron a política estelar do franquismo pra favorecer a Industria Privada, apenas tiveron incidencia real. Foron as iniciativas do capital privado galego, e non as iniciativas públicas as que protagonizaron o crecemento dos anos sesenta.
Unha destas iniciativas privadas xurdiu en Outeiro de San Fiz , además doutras da parroquia, hoxe vou falar desta : trátese dun pequeno taller de carpintería, posto en marcha o 15 de Marzal de 1969, como reza na inscripción do Rexistro de Industrias de Ourense da foto de portada.
Este pequeno talller chegou a dar traballo a 5 ou 6 empregados, cuxo principal obxecto era facer portas e fiestras, logo viñeron toda clas de traballos coa madeira, pasando por cubas, tinallas e barcaletas pro viño e reclinatorios pra Igrexa, hasta vin por alí algún confesionario.
Os anos setenta trouxeron os paneis de aglomerado e a construción en serie e acabaron fundindo estes pequenos talleres familiares. Por unha banda acentúase o desequilibrio entre a franxa atlántica e a costeira que concentra as industrias e o interior progresivamente deprimido. Por outra banda comenza un éxodo rural sen precedentes, que produce un envellecemento da poboación agraria que se fai sentir co tempo no conxunto de Galiza na actualidade. 


Ano 1487, visita Pastoral a San Fiz de Navío. 

Como ben sabedes, estas visitas pastorales realizabas o bispo da Diócesis Auriense cada cinco anos, neste caso o Arcedianato de Castela, e entre as Igrexas a visitar figura a de San Fiz de Navío, por error pon San Fiz de Labio. Pois ben, ditas visitas non eran tan ben recibidas como pensamos, a lo menos hasta o Concilio de Trento, que foi cando realmente se regularon. Digo esto porque ésta foi realizada no ano 1487, e según podemos ver , era coma unha inspección de Facenda.
Xunto o bispo iba un notario que anotaba todo o de valor que na Igrexa había, caso de faltar algo, como vemos en Gomariz, obligaban a pagalo, polas boas ou polas malas, véxase senón en San Andrés de Erbedelo : " El conde de Rivadavia llevaba por fuerza doce maravedíes " . Mesmamente en San Fiz, Fernando Mosqueyra: " Unha seara da Igrexa e non paga dela nada " daqui que o Mosteiro de Sobrado dos Monxes tivera leiras en San Fiz, que mais tarde afora a veciños do pobo.
Ademais de todo que vimos, recibían o " dereito de procuración" que eran unhos honorarios que consistían no cobro de certa cantidade, que variaba en función do número de actas. Estes honorarios recibíanos da Fábrica da Igrexa, dos mordomos, das cofrarías ou dos padroados.


"O Coto da Forca" 

Moi cerca do límite dos Concellos de San Amaro e Cenlle, no lugar chamado Corredoira, nun alto de 450 metros, erguíase o chamado " Coto da Forca". Este era un lugar de xusticia da Xurisdicción de Roucos. Se buscades por Galiza adiante hay unhos sete cotos da forca semellantes espallados polas catro provincias.
Estes eran espazos donde se axusticiaba os reos despois de ser condenados polos tribunais mediante o método do aforcamento, empregado para a "xente común", ou sexa, todos os que non eran nobres.
Un exemplo moi bo pra explicar a ubicación destes lugares e o da Corredoira, que como todos e un lugar de tránsito, cruce de camiños e cercano a cadéa, que por aqueles anos, a cárcel da Xurisdicción de Roucos estaba en San Amaro de Montes, igual que a Casa da Audiencia de Roucos, tamén no San Amaro. Fáltame por investigar en dónde se atopaba a cadea , a Casa da Audiencia coido que pudo ser unha casa que hay en fronte da farmacia, que posúe un escudo dos Sarmiento na fachada.
Para tranquilidade de moitos hay que dicir que as penas capitáis de aforcamento eran moi pouco frecuentes, principalmente eran para delitos de sangue, ou salteadores de camiños.
SACADO DUNHA PUBLICACIÓN DE PRADO Y ULLOA DO BLOG ARQUEO+LOGOS 


¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar