Retrospectivas.

Felices Festas a todos os veciños e veciñas de San Fiz


Aqueles intres... 

O candil xa non alumea, nembergantes fica alí colgado encima da lareira, hasta fai pouco a carón dunhas varas de chourizos de cebola, hoxe só. Estame recordando que houbo tempos en que era imprescindible, pintando sombras fantasmais nas paredes da cociña. Pendurado sobre a miña cabeza, permanece inerte entre o fume do canizo, ollando o devir dos tempos, esperando unha faisca que o acenda e lle dé vida. Debaixo eu; nunha loita a vida ou morte coa miña computadora, alumeando palabras, desenterrando recordos, calculando canto falta para que este ritmo endemoniado nos faga voltar aqueles intres, ainda que millor que non volten.
Miro para arriba e vexo moverse, derrepente xurden aquelas noites de contos, de meigas e de trasnos, menos mal que sólo e un soplo de vento que se colou por a fiestra, pero consigo arrastrou aquela morriña que xa pensei enterrada. Agora foise a luz i a pantalla amenaza con durar só unhos cantos minutos mais, pero non importa, no peto ainda teño unha caixa de mistos... 


Dende o alba o solpor 

As raiolas de sol peitean as ramas dos piñeiros de Castreás , alborotadas polo vento mañanceiro que baixa murmurando cancions que soan nos cómaros das leiras da Quintá. Espertan os merlos competindo na cerdeira por as poucas cereixas que deixou ir arriba o crú inverno. Soan as bisagras enfurruxadas dunha porta, e por éla sae o mais madrugador dos veciños, a eixada o lombo, no peto un mendrugo de pan con chourizo e o cinto unha fouce, son as armas que empuña día a día pra sacarlle a esta fértil terra o seu fruto. Camiña torcido, devagarciño, o tempo descurre o seu carón o ritmo que él lle marca, non hay reloxos, só traballo, suor e fatiga.
O sol do solpor que se deita no cumio de Pena Corneira, será o que pon fin a súa xornada. Sentado, remoendo os derradeiros recordos do día, encende o chisqueiro e ponlle lume o cigarro, e entre o fume diste e a tenue luz do solpor, pérdese nas lembranzas de cando era neno, flúen os sentimentos río abaixo, camiño das Candorcas, ata quedar afogados nas augas da morriña.
Homenaxe os labreg@s.
Santi López 


" IGUALDADE DE XÉNERO " 

¡ Enarborade a bandeira da igualdade, mulleres ! ¡ Loitade polos vosos dereitos e contade coa miña leal colaboración !
Decía, si mal non recordo, LOUISA MAY ALCOTT, escritora e autora do libro: "Mujercitas" 


10º aniversario do blog de S.Fiz de Navío 

Foi fai 10 anos, un 6 de Outubro de 2009 cando me enfrentei a tarefa de conectar a historia da nosa aldea cos veciños e simpatizantes deste bonito "balcón do Ribeiro".
O principio todo parecía sinxelo, pero plasmalo en fotos e palabras, xa non era tan doado. A pesares deso, como son bastante teimudo, seguín co propósito de facer a San Fiz visible nas redes e no lugar que lle corresponde na historia.
Comenzaron a chegar os primeiros "gústame" e os primeiros "corazonciños" e así entre emoticóns, tic tac do teclado e sorrisos, chegamos o 6 de Outubro de 2019.
Reflexionando un pouco, podo dicir que valeu a pena.
A TODOS OS SEGUIDORES DESTE BLOGUE, GRACIAS POR ESTAR AQUÍ LÉNDOME.


A "morriña" padécese en calquer outra lingua 

Hoxe vouvos facer unha pequena suxerencia: Estes días atrás entrei en contacto con xente do outro lado do charco e tamén doutras cidades europeas, son veciños da parroquia, de segundas e terceiras xeracións , pero nados neses países e que non se manexan moi ben co galego, por eso me pediron se podía publicar o Blog de San Fiz en castelán, o que respondín que non había atranco ningún.
Eses rapaces e rapazas mostran os mesmos sentimentos as mesmas sensacións e o mesmo cariño esta terra , que si viviran aqui. Nas súas verbas noto que tamén sofren a mesma " morriña".
Entón se non vos importa a partir de agora as seguintes publicacións serán en castelán. 


Faladoiros a carón da porta. 

Esta costume que había entre os nosos pais e avós, de sentarse a porta da casa nas sestas ou noitiñas do verán, a charlar amigablemente cos veciños mais achegados as nosas casas, acabouse.
Matáronna a televisión, o radio, o móbil e demais aparellos, que permiten illarnos nunha sala e non lles sacar a vista de encima unha tarde enteira.
Pois ben, esta costume pasada, non era unha mera forma de criticar ou murmuriar sobre aqueles veciños ou veciñas mais malqueridos, ainda que algún trapo sucio sairía a relucir.
Estes faladoiros forman parte do Patrimonio Inmaterial dos Pobos, agora que se está traballando dende as Asociacións sobre o objectivo de posta en valor deste tipo de Patrimonio Inmaterial, debemos defender esta maneira de socialización. Incluso en algún pobo de Andalucía andan intentando facelo: Patrímonio da Humanidade.
Por eso, lexos de tachalo de charlatanería, e unha maneira mais de facer " pobo", de chegar esa desexada unidade de toda a veciñanza. Se un pobo quere chegar lonxe, ten que ser subidos o tren da unidade. 


Cumpreanos centenario de Alfonso Rodríguez Mosquera. 

Felicidades Alfonso. Outro veciño mais que cumpre os 100, e xa son unhos cantos que pasan a formar parte desa lista centenaria. 


Tempo de Nadal . 

Agora que nos achegamos a unha data das mais importantes do almanaque , que cando nenos , tíñamos marcada cun círculo vermello ; eu pregúntome : A quén vou dirixir a proxima carta pra pedir un pouco de cordura , un anaco de bondade , un cacho de ledicia e un torrezno de solidariedade ?
Sí;porque cando vivían os avós falaban do APALPADOR ou Pandegueiro , un personaxe moi entrañable que baixaba das altas montañas do Oriente Ourensán e visitaban unha por unha cada casa onde habitaba un rapaz e apalpáballes a barriguiña e miraba si estaba chea e lle cantaba " así , así estéas todo o ano " e lle deixaba unha presa de castañas .
Meus pais só me falaban dos REIS MAGOS , pra min cando era neno eran os personaxes mais importantes que había no mundo , tamén visitaban un por un a todos os rapaces , un traía ouro , que xamais puden nin cheiralo , outro incienso que non sabía o que era , nin maldita falta que facía e o ùltimo traía mirra , que tampouco lembro que era , pero penso que sería o carbón que algunhas veces aparecía onda os zapatos que deixaba na lareira , ainda que as mais das veces o agasallo era un lapis , unha goma de borrar e unhos cantos figos mirrados , que lle deveron sobrar da cena do Nadal . ¡ Amigo ! recordo que certo ano me deixaron uns Juegos Reunidos Geyper en Ourense na casa dos meus padriños .
Agora cando u meu fillo era neno , apareceu un terceiro personaxe : PAPA NOEL , non sei de donde veu , pero pode ser que de Laponia , pois a verdade e que ten pinta de larpeiro . Aparece descolgándose pola chiminea e deixando agasallos modernos : unha XBOX 360 , unha Ipod , un xogo Resident Evil .
Despoís de todo ; qué pasará si un día se xuntan todos ? con cal nos quedaríamos ? cal e o mais creible ? gustaríame de novo ser pequeno pra contestar , quizais os adoutaría a todos , pois cantos mais mellor , pero como son maior , mando a todos pro carafio ... de seguir así, dentro de un par de anos aparecerá un Virtual Nöel con unhas gafas en 3D ,un portatil pra navegar por internet e de ragalo 5 Gigas de pasteis .
Solo voto de menos aqueles anos nos que viñan os Reis Magos a San Fiz e xa por a tarde a nosa mirada ía desde a longariña a corredoira e desde o barazal a pena corneira pra ver si se atisbaba unha estrela lonxana , pra o chegar a noite os ollos se pechaban dando paso a imaxinación e os soños inocentes rotos por unha campaniña dun coche de bombeiros que sonaba a medianoite por culpa dun tropezón de meu pai contra unha silla . 


Documento de Xustificación de parentesco de Manuel García Centeno 

Un documento atopado no Arquivo do Reino de Galicia, coa signatura CAIXA G7599346 , con data de creación 1856/1857, certifica o que nun artigo do Blog de San Fiz xa había explicado con anterioridade, era a relación existente entre D.Manuel Ventura Figueroa e algunhas familias de Sergude,Casasnovas e Osmo, concretamente : os García Centeno, García Carnero, García Tizón, García Millán, González García, e os actuales González Vázquez.
Dito documento e un expediente de información e xustificación de parentesco de Manuel García Centeno para os seus fillos: Miguel, Lino, Nicolás, Elisa, Benito, Germán e José García Centeno.
Trátase do procedemento polo cal a Fundación Ventura Figueroa recoñece a unha ou varias personas como familiares de Manuel Ventura Figueroa, permitíndolle desta maneira, o acceso as axudas de dotes ou de pensións. Gracias a esta demostración de parentesco, os que acreditasen dito parentesco podían financiar os estudos ou contar coa dote necesaria.
A Fundación foi creada no ano 1784 para dar cumprimento á vontade expresada no seu testamento de destiñar as catro quintas partes dos seus bens, a financiar os seus descendentes. Ríxese por un Padroado do que forman parte parentes do fundador e un representante da tutela do Estado como garante do fiel cumprimento da vontade do seu fundador.
Resulta moi interesante ler a historia de D.Manuel Ventura Figueroa Barreiro. 


¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar