As liñaxes de San Fiz.


" Os García Varela "

           Da mesma rama dos García Centeno, que xa lle adiquei algún artigo, son os García Varela. Esta familia xurde do casamento de Antonio García Centeno con Nicolasa Espinosa Salgado, que tuveron un fillo chamado Jesús García Espinosa que casou con Julita Varela Millán. Pois ben, os netos de Antonio García Centeno, foron entre outros: D. Antonio García Varela ( Director do Real Jardín Botánico de Madrid, presidente da Sociedade Española de Historia Natural, Catedrático de Fisioloxía Natural etc etc ). Fidel García Varela, Celso García Varela , Jesusa, Rita e Lucila García Varela, esta última, muller de Luis Ramón Lage. 

           E esto ven a conto de que fai uns meses recibín un correo con unha foto antiga de un neto de Fidel García, que se chama Xesús García Tobio. A parte de felicitarme pola investigación que se fai sobre o pobo de San Fiz e as súas familias, mandoume esa foto donde aparecen todos eses familiares na solaina. E pregúntame se esa casa pertenece a Outeiro de San Fiz.Despois de darlle voltas cheguei a conclusión de que se trata da casa que foi do Florindo o carteiro de San Fiz. Creo recordar que pola parte de atrás había un ciprés, e a disposición dos soportáis e a mesma. E unha finca cerrada que na parte de atrás tamén tiña un puzo. 

            Gustaríame que os que sodes de San Fiz mo confirmásedes.A foto está feita entre 1895 e 1900, nunhas vacacións donde se xuntaron algúns familiares, pois eses nenos que están en brazos xa naceran en Torrecilla - Cameros, unha comarca da Rioja en donde vivian coa súa familia. Ainda non a 100 metros está a casa dos " Millanes " que por aquel entonces era de Lucila García Varela.Foto propiedade de Xesús García Tobío


" Os Toubes " de Riobóo, Eiras e  San Fiz.

Os Toubes son a liñaxe máis importante e numerosa do Concello do San Amaro.
Os máis lexanos devanceiros que se coñecen son: Don Francisco Rodríguez e Dona Catalina Vázquez, ambos los dous nacidos e veciños de Riobóo ( Osmo ) da casa de Outeiro.
Tres irmáns desta familia, nun momento determinado, formaron as liñas troncáis dos Toubes de Riobóo, da Touza e de Eiras.
A CASA DE OUTEIRO en Riobóo: Don Alvaro Vázquez de Toubes casado con Dona María González de Alemparte.
A CASA DA TOUZA en San Fiz: Don Francisco Vázquez de Toubes casado con Dona María González de Riobóo.
A CASA DE SABARIZ en Eiras: Don Bartolomé Vázquez de Sabariz casado con Dona Catalina Vázquez.
Non fai falta recordar toda a xeanoloxía da casa dos Toubes, porque xa o fixen noutro artigo.
A liñaxe espallouse por toda a contorna, polos pazos xa nomeados e por outros coma o Pazo de Eiras e o de Sabariz en Eiras, o do Sobrado e a Tenencia en San Fiz, Tamén a Casa do Palleiro en Osmo, etc. Sin contar familiares en Anllo, As Neves de Grixoa, Salamonde ou fora do Concello como a Peroxa e moitos mais lugares de España e incluso Iberoamérica.
Sacado do traballo de Carlos de la Peña Vidal: " A liñaxe dos
Toubes"


A Casa da Touza  de "Os Toubes" 

Construído no século XVII. É de arquitectura cívil barroca con chiminea monumental , ademais dun pombal de perfecta cantería .Destaca a torre de planta cadrada .
Un dos seus moradores fué D.Alvaro Vázquez de Toubes da casa dá Touza e coto de San Dulces .
Natural de San Fiz de Navío en cuia igrexa foi bautizado , sendo padriños : Don Juan Salgado de Araujo e Dona María Vázquez .
Tamén foron señores da casa : D.Felipe Antonio de Toubes Villamarín e a súa muller DªLeonor María Ordóñez , con posterioridade tamén o foron : Sanchez Toubes , Sanchez Ribadeneira e Sanchez Igrexas ... Pero primeiro imos ver a liñaxe dos Toubes que é a que instaura a liña da Casa dá Touza .
OS TOUBES DA CASA DÁ TOUZA EN SAN FIZ DE NAVIO .
I.-D.FRANCISCO VAZQUEZ DE TOUBES , falecido en San Miguel de Osmo o 06/01/1653 , e a súa muller Dª. MARIA GONZALEZ RIOBOO , que casaron en devandita parroquia o 04/01/1623 , cítanse como avós paternos de D.Antonio de Toubes nunha solicitude de Sacras Ordenes datada o 18/05/1699 , existente no AHDOU; polas informacións dos Colexiais de Fonseca , sabemos que esta Dª.María era filla de Alonso de Riobóo e de Dª María González , casados en Osmo o 11/08/1594 ?. De D.Francisco e de DªMaría foron fillos :
A)DªIsabel de Toubes ,bautizada en Osmo o 03/01/1624;foron padriños o Licenciado Tarrío , avogado e DªLucía González,muller de D.Pedro Vázquez de Toubes.
B)D.Alonso de Toubes.
C)Capitán D.Francisco de Toubes ( apartado II )
D)D.Juan de Toubes.
E)Dª.María de Toubes , bautizada na Touza o 01/05/1636,contrae matrimonio en Osmo o 15/12/1659 con D.Pedro do Villar,Rexedor Perpetuo de Ourense . Teñen 8 fillos :
1.-D.Pedro Manuel do Villar e Toubes , casa con Dª.Ursula Bermudez de Obregón e deles foi fillo :D.Miguel Ramiro del Villar e Bermudez , o cal casa con Dª.Juana Núñez Taboada , filla esta de D.Antonio Andrés Núñez Taboada e Ginzo e de Dª.María Josefa Taboada Ribadeneira ,señores da casa de Bendoiro .
2.-Dª.Benita do Villar e Toubes que casa con D.Ignacio Feijoo de Araujo, de devandito matrimonio é filla Dª:Isabel Bernardina Feijoo que contrae matrimonio en Gomariz o 18/02/1734., con D.Manuel Ojea .
3.-Dª:Ana María do Villar e Toubes que falece no Mosteiro de Antealtares pouco antes de profesar.
4.-D.Francisco Antonio do Villar e Toubes , cóengo da Catedral de Ourense.
5.-D.Gregorio Benito do Villar , abade de San Pedro de Beiro .
6.-Frei Benito do Villar no Convento da Cerca en Santiago e prior do convento de Cidade Rodrigo .
7.-Dª.Francisca do Villar e Toubes ,contrae matrimonio con D.Juan Antonio Osorio e Varela, señor de Malvedo.
8.-Dª.Isabel do Villar e Toubes casada con D.Pedro de Puga e Feá.
F)D.Alvaro de Toubes , que sen dúbida é o colexial de Fonseca
G)Dª.Beatriz de Toubes , confirmada en Osmo o 30/05/1629.
H)Dª.Benita de Toubes , casa con D.Antonio de Monteagudo e en Amoeiro aparecen referencias aos seguintes fillos :
1.-D.Pedro de Monteagudo
2.-Dª.Cristina de Monteagudo
3.-D.Ignacio Luís de Monteagudo.
I)Dª.Jacinta de Toubes, bautizada en Osmo o 15/06/1642.
II.-CAP.D.FRANCISCO DE TOUBES , bautizado en Osmo o 03/02/1630,casa con Dª.Francisca Vázquez de Toubes,bautizada en Santa Uxía de Eiras o 18/01/1644 , do matrimonio naceron:
1.-D.Antonio de Toubes (apartado III).
2.-Dª.María de Toubes,que profesa como novicia non convento de Santa Clara de Pontevedra.
3.-Dª.Teresa de Toubes,casa con D.Baltasar Benito de Araujo Somoza e Valcarce,fillo de D.Juan de Araujo Somoza e de Dª.Catalina Valcarce veciña de Osmo , señores da casa de Riobóo .Teñen unha filla :
1.-Dª.Beatriz María de Araujo e Toubes,bautizada en Osmo o 10/04/1694 , casou con D.Francisco Antonio Taboada Ribadeneira e foron pais de :
a)D.Gregorio Taboada e Toubes , señor de Castrelo e Transpenas.
4.-D.Manuel de Toubes que casa o 24/04/1710 en Santa Eufemia do Norte con Dª.Josefa de Puga e Sandoval.
III.-D.ANTONIO DE TOUBES ,bautizado en Navío o día 18/11/1673 , casou con Dª.Francisca Villamarín Sarmiento , deixan os seguintes fillos :
A) D.Francisco de Toubes (apartado IV)
B) Dª.Juana María de Toubes ,bautizada en San Ciprián de Las ,o 27/06/1703, sendo padriños D.Francisco Gil veciño de Soutolongo e Dª.Rosa de Toubes,veciña da Touza de San Fiz.
C)Dª.Magdalena de Toubes ,correspóndelle sen dúbida o asento de defunción rexistrado en San Fiz o 07/06/1765 , sinalando que fose muller de D.Diego González veciño de Lemparte , parroquia de San Cibrao de Las , constando nos libros parroquiais os seguintes fillos :
1.-Dª.María Josefa González Toubes .
2.-Dª.María Teresa González Toubes
3.-D.Andrés Antonio González Toubes
4.-Dª.María Antonia González Toubes
5.-D.Andrés González Toubes
IV.-D.FRANCISCO DE TOUBES ,bautizado en San Cibrao de Las o 17/03/1702 e casado con Dª.María Rodríguez de Castro e Canda , D.Francisco e a súa esposa Dª.María faleceron en San Fiz de Navío: el o día 23/03/1780 e ela o día 17/11/1787 , deixan cinco fillos :
1.-D.Felipe Antonio de Toubes Villamarín (apartado V)
2.-D.Agustín Cayetano de Toubes Villamarín Sarmiento , bautizado en Banga ,graduouse en Bacharelato en leis ,pouco máis tarde sería Licenciado e Doutor en Canons . Foi Reitor do Colexio , sendo nomeado Consiliario e Vicerector e para rematar é nomeado Xuíz Metropolitano de Salamanca e Arcediago do Salnés .
3.-Ldo D.Francisco Antonio de Toubes ,bautizado en Navío o 02/03/1732.
4.-D.Gregorio de Toubes,falecido en San Fiz de Navío o 29/08/1831 , solteiro , a súa avanzada idade prostroulle case nun estado de fatuidad .
5.-Frei Benito de Toubes , conventual de San Martiño Pinario , onde tomou o hábito o 22/06/1754 , foi mestre de leigos , panadeiro , procurador , mestre de obras e arquiveiro de Santiago , ademais de Prior de Baíñas , exclaustrado , faleceu en San Fiz de Navío o 25/05/1821.
V.- D.FELIPE ANTONIO DE TOUBES VILLAMARIN , faleceu viúvo en Navío o 18/10/1782 , contraeu matrimonio con Dª.Leonor María Ordóñez e Mosquera , falecida en Navío o 10/04/1763 filla de D.Patricio Ordóñez Maldonado e Dª.Gregoria Mosquera . Do matrimonio naceron en Navío :
1.- D.Pedro José Ignacio de Toubes (apartado VI)
2.- Dª.Manuela Antonia de Toubes nacida o 30/01/1862 .
3.- D.José Ramiro de Toubes .
4.- Dª.María Bernarda de Toubes , nacida o 20-24/08/1754 , afillada de D.Manuel Tomás Guerreiro e Enríquez , reitor de Navío e de Dª.María Antonia Rodríguez .
5.-Dª.Joaquina Cayetana de Toubes ,nacida e bautizada o 17-24/10/1756 ,de quen fué padriño o seu tío D.Agustín Vázquez Toubes .Dª Joaquina faleceu antes de cumprir sete anos .
6.- D.Francisco Antonio de Toubes , nacido en Navío o 19/01/1759 , foi Tenente de Fragata e casou con Dª María Jerónima Rosa Teresa Franco , bautizada o 27/08/1771 na parroquia de San Julián de Ferrol .
7.- D. Cesar Baltasar María de Toubes , nacido o 05/01/1761 , faleceu solteiro .
8.- D.Rita María Toubes Ordóñez que casa o 03/11/1774 en Navío con D.Pedro María Arias Valdés , fillo de D.José Gregorio Arias e Varela e de Dª María Josefa Varela Salgado , señores da casa de Saa en San Juan de Sadurnín , falecendo os dous nesa parroquia e mostrándose aos seus descendentes len a liña dos Arias da casa de Saa.
VI.- D.PEDRO JOSÉ IGNACIO TOUBES , nacido en Navío o 30/01/1751 e bautizado o 06/02/1751 , sendo o seu padriño D.Pedro Ignacio Pardo , veciño de Santa María de Esposende , contrae matrimonio o 09/05/1788 en Santa María de Salomé de Santiago , casado con DªJosefa de Toubes Acevedo , falecida en Navío o 27/07/1791 , filla de D. Félix Ventura de Toubes e de DªJuana Acevedo e Añel , señores da casa de Outeiro en San Miguel de Osmo .
D.Pedro Ignacio faleceu en Navío o 22/08/1820 , tivo unha única filla :
1.-Dª María Josefa do Cármen Toubes e Toubes (apartado VII).
VII.- Dª MARIA JOSEFA DO CARMEN TOUBES E TOUBES ,nacida e bautizada en Navío o 27/07/1791 , apadriñada polo seu tío D.César Toubes e falecida no mesmo lugar o 30/01/1827, casada en San Fiz o 18/04/1818 con D.José Sanchez da Pena , nacido e bautizado en Santa María de San Clodio o 16-20/02/1789 , fillo de D.Francisco Sánchez López e de Dª Manuela da Pena , señores das casas de Rielo , Carballeda e Viñoa , nas feligresías de Palmou , Taboada e Soutolongo respectivamente , figurando vos antecesores de D.José na liña dos Gil Taboada , Casa de Carballeda .
Hai outras dúas liñas troncales ademais dos TOUBES de San Fiz , que son : Os TOUBES da casa de Outeiro de Osmo e os TOUBES da casa de Eiras .
Todos istes datos foron sacados do traballo de Carlos de la Peña Vidal " A linaxe dos Toubes"


Entronque dunha familia de San Fiz no Mayorazgo do Formigueiro 

Corría o ano 1810 cando unha moza : Doña María Benita Borrajo y Camba ,irmá do fraile da Orde de San Benito : Don Domingo Borrajo , e filla lexítima de D.José Faustino Borrajo y Camba e de Dña María Angela Barcia y Fuentes , veciña de San Fiz de Navío , casa con Don Miguel Teijeiro Montero que era señor do Mayorazgo do Formigueiro . Aportando dista maneira o matrimonio unha dote de cuarenta mil ducados en diñeiro , bens raices e muebles .
Iste matrimonio foron pais de : D.Rafael , D.Zacarías , D.Gerardo e Dña Angela Teijeiro Borrajo fallecida de nena . Pero ímonos centrar en Don Rafael Teijeiro Borrajo que naceu en 1812 ,estudiou filosofía ,foi lider progresista na comarca do Ribeiro e capitán da compañía de Cazadores de Cenlle , tamén foi alcalde diste pobo ( Cenlle ) entre 1839 e 1843 . Casou en primeiras nupcias con Dña María del Carmen Villarino y Díaz e en 1845 casa Don Rafael en segundas nupcias con Doña Vicenta Millán y Fajardo , filla de Don Francisco Millán , escribano de número do Municipio de Ribadavia e veciño de San Fiz de Navío , e de Doña Rita Fajardo .
Da casa orixinaria do apellido Millán no pobo de San Fiz , ainda se conserva a casa en perfecto estado e permaneceu en poder da familia hasta mediados do siglo XX ; o seu último poseidor foi Don Antonio García Varela , fillo de Doña Julia Varela Villar , catedrático da Universidad Central e Decano da Facultade de ciencias naturales da misma , que falleceu sin fillos en Madrid en agosto de 1842 ; a sua viuda Doña Teresa Sanchez García , enajenou a citada casa en 1952. Dista casa e apellidos proceden entre outros : o político e periodista D.José Millán Astray e tamén o seu fillo o xeneral Millán Astray .Datos todos recabados do traballo de : Isabel Leyes Borrajo / Carlos Acuña Rubio
Mayorazgo del Formigueiro . "Los Teijeiro" 


A Casa dos "Millanes "

Trátase dunha casa que está situada no lugar de Outeiro , parroquia de San Fiz de navío .
Esta casa consérvase en perfecto estado , sendo construida totalmente en pedra , e orixinaria do
apelido Millán , daquí proceden entre outros : O político e periodista don José Millán Astray e
tamén o seu fillo o general Millán Astray . Tamén perteceu a don Francisco Millán escribano de
número do municipio de Ribadavia pai de doña Vicenta Millán y Fajardo que casaría con don
Rafael Teixeiro Borrajo heredeiro do Mayorazgo do Formigueiro .
A casa consta de duas plantas : Alta e baixa , con patio , hai que destacar que durante bastantes
anos foi destinada a casa-escola , na planta superior encontrábase o salón-escola e a vivenda do
maestro , na parte inferior a bodega e as cuadras e a altura do patio o lagar .
Esta casa adquiriuna doña Lucila Josefa García Varela de Laje , según acta notarial de
compraventa , por herencia de sua nai doña Julita Varela Millán , fallecida en san Fiz no ano 1896 .
Doña Lucila Josefa era hirmá de don Antonio García Varela , que foí Catedrático da Universidá
Central e membro do Instituto de España , así como director do Xardín Botánico de Madrid , foi
compoñente do cosello da Fundacion Nacional para Investigacions Científicas e Ensallos de
Reformas , perteneceu o Pratronato para proteccion de animales e plantas .
Anos mais tarde , o domicilio de doña Lucila Josefa , casada con don Luis Ramón Laje , sitúa en
Villa Dolores , Departamento de San Javier , Provincia de Córdoba en Argentina . Mentras tanto a
casa- escola seguía arrendada o Axuntamento do San Amaro e por alí pasaron infinidade de
veciños , que desde nenos foron aprendendo as primeiras reglas de ortografía i as primeiras tablas
de matemáticas .Os mestres e mestras que se encargaron de dita tarea foron entre outros : O seco de
Garabás , Don Raimundo , Doña Sinda , O Barroso , Doña Manuela .
O 27 de Xulio de 1956 , doña Lucila Josefa García Varela representada por o notario do
Carballiño : don José Luis García Valcarcel e por don José Osorio , vende dita casa a don Amadeo
López García , casado con doña Elisa Barral Vázquez , labrador e veciño de Cortellas , municipio
de Cenlle , que anos mais tarde trasladaríanse a Outeiro para vivir definitivamente nela . Estes
foron os anos mais fructíferos tanto pra casa coma pra finca que a rodea , en dita bodega
fermantaron os mellores viños da parroquia , procedentes das viñas do ? Castiñeiro Grande ? e de
Sergude , que como sabemos comparten o mesmo solo i o mesmo microclima que a zona do Ribeiro
que abarca parte de Osmo e Riobóo .
As artes dun maestro bodegueiro como era Amadeo , que xa viña adestrado en boas bodegas , por
exemplo a de Cortellas , pronto se diexaron notar na sua bodega de Outeiro e disa maneira os seus
viños regaron as mesas de moita xente de Vigo , Lalín , Rodeiro e infinidades de lugares a donde
foron parar .
Seguen a pasar os anos e a casa pasa a maus dunha filla de don Amadeo , concretamente a mais
pequena : Elisa López Barral , que na actualidade , xunto coa sua filla : Marta García López , están
encargándose de restaurala e de darlle esa beleza propia que as suas pedras , cargadas de historia ,
se merecen .
Quedan na retina de calquera dos que pasaron por aquela escola , recordos imborrables de
corros de nenos cantando collidos das mans , de pupitres de madeira todos cheos de furados ,
daqueles tinteiros cos que cada día ensuciábamos as mans , suelo e pantalóns ? Ainda hay veces
que me asomo a xanela da casa de meus pais e escoito aquelas palabras máxicas que nos facían
saltar do pupitre ? A recreooooo ? .
Millán , Varela , Sanchez , García , López , Barral , apellidos que ata ahora escribiron a sua
historia entre esas fermosas paredes ; López , García e sabe Deus quen mais , esperamos que a sigan
escribindo .


" Os Chantadinos " de San Fiz. 

" Os Chantadinos " son unha descendencia chegada dende San Fiz de Asma en terras de Chantada , hasta San Fiz de Navío no Axuntamento do San Amaro . Se casual foi a súa chegada , mais curiosa e a coincidencia dos pobos de procedencia e destino , os dous foron San Fiz .
Viñeron dous hirmans a probar sorte nesta terra , e en principio instaláronse en Lentille , logo , un deles Eduardo López conoce a unha rapaza de Roucos : Felicidad González , coa a que se casa en pouco tempo , compran un capital en Outeiro e instalanse na casa que forma parte dise capital , situada no "cruceiriño" propiedade que foi logo do seu fillo Claudino López , e mais tarde pasa o fillo deste Antonio López .
Eduardo tivo cinco fillos : Alfredo , Antonio , Claudino , José e Clotilde que pouco a pouco foronse espallando por todo o contorno , chegando a acadar hasta seis xeracions , co consiguente número de membros .
O mote "Chantadino" non fai falta explicalo pois a vista saltan as nosas orixes nun pobo de Chantada .(Ley de Privacidad de datos .) En cumplimiento de la Ley Orgánica 15/1999 de 13 de Diciembre , de Protección de Datos de Carácter Personal en este caso ( Nombre , apellido y estado social ) incluidos en este árbol genealógico no son objeto de tratamiento, ni se usan para finalidades distintas a la de esta publicación . Estos datos están incorporados en un fichero creado bajo mi responsabilidad , para gestionar dicho árbol . Se le garantiza total confidencialidad y si desea ejercer el derecho de acceso , rectificación , oposición o cancelación , dirija un escrito a : Santiago López Rodríguez C/Curros Enriquez Nº 15 , 2º E , El Temple -Cambre 15679 A Coruña . Telefono : 981653124 , Fax : 981131507 . E-mail : lopezrodriguezsanti@gmail.com
"Os Chantadinos" de San Fiz


Un veciño de San Fiz na árbore xenealóxica dos Franco 

No indice de insertos en XXV anos da Revista " Hidalguía " escrito por Adolfo Barredo de Valenzuela , aparece D. Francisco Antonio de Toubes e Ordóñez , nacido no ano 1761 no pobo de San Felices de Naveco , curiosidade que tamén aparece noutros documentos da época .
Despois de infinitas consultas atopei a solicitude de pleito de hidalguía , e dita información foi feita no Coto de Sandulces por a sua orixe , e na que proba ser da rama dos Toubes da casa da Touza e da de Rioboo , coa heráldica que ostenta esta linaxe , e por último xustifícase tamén estar incluído nos padróns de nobles nos anos 1737 e 1767 .
Pois ben este D.Francisco Antonio de Toubes e Ordóñez nacido no ano 1761 na Touza en San Fiz de Navío , foi Tenente de fragata e morreu en Montevideo o 07/XII/1811 .Casa con Doña Jerónima Franco y Sánchez nacida no Ferrol o 26/VII/1771.
Dista forma entronca na Xenealoxía do Ortegal cos Franco do século XVII - XX .
A muller de D. Francisco de Toubes , Jerónima , ten un irmán chamado Nicolás Franco y Sanchez que casa en terceiras nupcias con Josefa Vietti Bernabé e ten varios fillos entre eles está D.Francisco Franco y Vietti que casa con Hermenegilda Salgado Pérez e teñen un fillo chamado Nicolás Franco Salgado que a sua vez casa con Pilar Bahamonde y Pardo de Cela de dito matrimonio teñen cinco fillos : Nicolas , Francisco , Pilar , Ramón e Mª de la Paz Franco Bahamonde .Os datos familiares do apelido Franco foron sacados da Xenealoxía do Ortegal


Os Borrajo do Morgado de Cuñas . 

Xa noutros antigos escritos con anterioridade fixen mención os Millán , nacidos en San Fiz , tamén os Borrajo entroncados cos Teijeiro do Morgado do Formigueiro e agora os Borrajo de Cuñas , que tiveron a súa casa principal no lugar de Outeiro de San Fiz de Navío
Según un estudo de Isabel Leyes Borrajo e Carlos Acuña Rubio : Don Gaspar Borrajo e Temes foi bautizado na Igrexa de San Fiz o 20 de Maio de 1595 por Don Diego Martínez , abade da devandita igrexa , e foron os seus padriños : Don Juan de Nájera , abade de Beariz , e Dona Aldonza de Castro . Nesta mesma Igrexa casou o día 22 de Setembro de 1622 con Dona Agustina de Quiroga Camba e Ribadeneira , figurando como testigos : Julio Salgado e María Ordóñez . Don Gaspar Borrajo morreu no lugar de Cuñas o 4 de Marzo de 1635 e deixou no seu testamento un doblón de ofrenda maior e 100 misas rezadas . Tiveron por fillos :
1) Don Gaspar Borrajo de Quiroga e Camba ,veciño de Cuñas ,que casou con Dona Lucía Fernández Teijeiro , fruto diste matrimonio naceron :
1.- Don Gaspar Borrajo , do que non sabemos nada .
2.- Don Manuel Borrajo de Quiroga e Camba , que casou con Dona Jacinta Monteagudo , promoveu pleito de fidalguía e obtivo Real Provisión de Fidalguía o seu favor o 24 de Decembro de 1712 polo que quedou oficialmente declarado Fidalgo Notorio de Sangue e Casa Solar . Tiveron por fillos a :
1) Don José Borrajo Camba e Monteagudo , que como seu pai obtivo Real Provisión de Fidalguía e casou o 12 de Marzo de 1738 con Dona Juana Teresa Retorta , tiveron por fillos a :
1) Don José Faustino Borrajo Camba e Retorta , bautizado o 17 de Febreiro de 1745 en San Fiz de Navío , Señor do Mayorazgo de Cuñas , que debeu fundar na cabeza do seu fillo primoxénito , veciño do lugar de Outeiro da feligresía de San Fiz de Navío , casou o 21 de Febreiro de 1768 en San Fiz con Dona Angela Barcia e Fuentes , bautizada na mesma parroquia .
Don José Faustino e Dona Angela tiveron por fillos a :
1.- Don Bernardino Borrajo e Camba , Señor do Mayorazgo de Cuñas , licenciado en Dereito , primoxénito que casou con Dona Mª del Cármen Feijoo Marquina Montenegro e Sotomayor .
2.- Don Domingo Borrajo e Camba , que naceu en Riobóo , foi subdiácono en 1803 e fraile na Orden de San Benito .
3.- Dona Teresa Borrajo e Camba ,veciña do Coto de Uso da Torre de Santa Mariña de Dozo ( Cambados )
4.- Dona María Benita Borrajo e Camba , casada en 1810 con Don Miguel Teijeiro Montero , Señor do Mayorazgo do Formigueiro .
5.- Don Miguel Borrajo e Camba , naceu en San Miguel de Osmo o 10 de Abril de 1775 , casou o 24 de Maio de 1804 con Dona Vicenta Penedo e Santos , nacida en Lebosende .
6.- Don Matías Borrajo e Camba , veciño tamén do lugar de Outeiro de San Fiz .
7.- Don Manuel Ventura Borrajo e Camba , bautizado en Osmo o 4 de Marzo de 1768 .
Queda desta maneira demostrado que as terras de San Fiz de Navío deron un gran número de linaxes nobres e fidalgos que se foron espallando por morgados e casas solares de abolengo . Numerosas casas de traza fidalga ainda se poden admirar en toda a nosa parroquia , unhas rehabilitadas , outras ben conservadas , bastantes delas olvidadas , pero ainda en pé , e unhas poucas desfeitas polo paso dos anos .


"Figueroistas" en San Fiz de Navío. 

Fai algún tempo encontrei un documento en internet relacionado coa árbore xeanolóxica de Manuel Ventura Figueroa, e cruzando datos coa familia de Dolores García-Caballero Fernández e o seu esposo Manuel García Centeno, comprobei que esta rama familiar de San Fiz, descendía dos antepasados de Manuel Ventura, concretamente de Gómez Cerviño e Inés García . E preguntádesvos : quén e o tal Manuel? pois e o creador da fundación que leva o seu nome, foi un dos galegos mais polifaceticos e influentes da Edade Moderna.
A Ventura Figueroa e a fundación mais antiga de España e según o padroado, que vela por éla, e a mais anciana do mundo,naceu no ano 1784.
Manuel Ventura Figueroa naceu en Santiago en 1708 e morreu en Madrid en 1783, foi Patriarca das Indias, Arzobispo de Laodicea ( antiga cidade turca),naceu e viviu no Hospital Real de Compostela, o Hostal dos Reis Católicos, donde traballaba o seu pai como barbeiro sangrador, era de familia pobre, pero meteuse a cura e chegou a Gobernador do Consello e da Cámara de Castilla, que era o presidente do goberno de entonces.
Meteu mano en casi todas as leis da época, expulsou de España os jesuitas, construiu carreteras, asilos, escuelas. O rey Fernando VI , comentou incluso, que lle parecía increible que " sendo galego " houbese consegido tanto.
No testamento deixou explicado os seus albaceas, como debían de administrar eses 6.037.040 reais do capital que deixaba. Todo varón pariente sen recursos pertenecente a súa rama familiar se lle concedese unha beca pra estudar e toda nena sen medios recibise unha dote pro seu casorio .
Quero resaltar a curiosidade de que o actual Presidente de Goberno: Mariano Rajoy estudou, nos seus primeiros anos, con unha beca concedida pola Fundación, logo de demostrar que tamen pertenece a unha rama figueroista.
Por tanto, toda esta rama familiar que antigamente habitaba Sergude e Casasnovas, e logo extenderíase por todas partes, son " figueroistas" : os García Centeno, os garcía Carnero, os Garcia Tizón etc.


Documento de Xustificación de parentesco de

 Manuel García Centeno 

Un documento atopado no Arquivo do Reino de Galicia, coa signatura CAIXA G7599346 , con data de creación 1856/1857, certifica o que nun artigo do Blog de San Fiz xa había explicado con anterioridade, era a relación existente entre D.Manuel Ventura Figueroa e algunhas familias de Sergude,Casasnovas e Osmo, concretamente : os García Centeno, García Carnero, García Tizón, García Millán, González García, e os actuales González Vázquez.
Dito documento e un expediente de información e xustificación de parentesco de Manuel García Centeno para os seus fillos: Miguel, Lino, Nicolás, Elisa, Benito, Germán e José García Centeno.
Trátase do procedemento polo cal a Fundación Ventura Figueroa recoñece a unha ou varias personas como familiares de Manuel Ventura Figueroa, permitíndolle desta maneira, o acceso as axudas de dotes ou de pensións. Gracias a esta demostración de parentesco, os que acreditasen dito parentesco podían financiar os estudos ou contar coa dote necesaria.
A Fundación foi creada no ano 1784 para dar cumprimento á vontade expresada no seu testamento de destiñar as catro quintas partes dos seus bens, a financiar os seus descendentes. Ríxese por un Padroado do que forman parte parentes do fundador e un representante da tutela do Estado como garante do fiel cumprimento da vontade do seu fundador.
Resulta moi interesante ler a historia de D.Manuel Ventura Figueroa Barreiro. 


Catro casas influentes na linaxe dunha rapaza de San Fiz. 

Mª del Carmen Rosa Sabina Sánchez e Toubes nace en San Fiz de Navío e é bautizada o 30 de Agosto do ano 1823. Filla de D.José Antonio Cayetano María Sánchez de la Peña e de Dna María del Cármen Toubes e Toubes. Neta paterna de D. Francisco Sánchez López e Dna Manuela de la Peña. Neta materna de D.Pedro Ignacio de Toubes Ordóñez e Dna Josefa Inés de Toubes e Acevedo.
No ano 1843 casa en San Fiz con D.Ramón María Teijeiro, nacido en Brués e que e alcalde e procurador xeral de Lalín. Fruto deste matrimonio nacen nove fillos.
María del Cármen Rosa Sabina Sánchez e Toubes e descendente das casas : Da Touza en San Fiz de Navío (San Amaro), da de Rielo en San Xoán de Palmou (Lalín), da de Carballeda en Santiago de Taboada (Silleda), e da de Viñoá en Santa María de Soutolongo ( Lalín ).
Esta rapaza e descendente directa das catro casas solariegas e en ela conflúen as tres da comarca do Deza e mais a da Touza .
Morre en San Fiz de Navío o día 29 de Maio do ano 1874. 


Os Toubes e os Arias alá polo ano 1809. 

Se xa eran moitos os entronques de veciños de San Fiz de Navío con familias das mais importantes de Galicia como son: os Franco, Tizón, Teixeiro, Centeno e Camba, hoxe analizando unha árbore xeanolóxica da Casa de Saa, atopei unha veciña de San Fiz, Dña Rita de Toubes Ordóñez, da casa dos Toubes da Touza, que casou con D.Pedro María Arias de Valdés, cabaleiro mestrante da Real Cabaleria de Ronda. Pois ben, este Pedro María era fillo de José Gregorio Arias Varela e de Mª Josefa de Valdés e Leboso, e a súa vez neto de D.Ventura Arias Mariño de Losada e de Mª Andrea Varela Taboada.

Como xa sabemos pola historia, D.Ventura Arias Mariño de Losada era descendente dos Camba e o mesmo tempo heredeiro da Casa De Saa de Sadurnín e do Coto de Villariño de Beade.

Unha curiosidade desta árbore xeanolóxica e que este Ventura Arias Mariño, era parente cercano do Arcebispo de México, D.Mateo de Segade Bugueiro.

Este último morador da nosa parroquia Pedro Mª Arias de Valdés casado con Rita de Toubes Ordóñez tiveron un fillo chamado Ramón Arias de Toubes que alá polo ano 1809 casou cunha arxentina chamada Mª Josefa Catalina Castellano y Arroyo, el tiña 24 anos e ela 21.

Este apelido Arias dame que pensar que éstes foron os últimos habitantes do Pazo solariego do Sobrado, ainda que non son capaz de encontrar documentación que mo acredite e así poida enlazar cos que nos coñecemos nestes anos atrás: o señor Emilio a Delfina e o Adolfo.


¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar