As nosas labras.


Escudo dos Sarmiento . 

Sobre campo de gules , trece bezantes de ouro postos doce en dous paus e un na punta.
Este escudo atoparémolo na fachada principal da Igrexa Parroquial de San Fiz de Navío ,que en determinada época , perteneceu aos condes de Ribadavia , a familia Sarmiento , Adiantados Maiores de Galicia . Unha das súas ramas entronca coa liñaxe dos Marqueses de Camarasa , tamén condes de Ribadavia . Por iso é polo que algúns veciños de certa idade de San Fiz din que o escudo pertenceu á Marquesa.
O escudo pertence á liñaxe dos Sarmiento que en primeira rama , e opinión dos antigos cronistas , ou sexa o seu proxenitor foi : Pedro Ruiz de Burava . Na súa segunda rama pasou a Pedro Ruiz Sarmiento e Velasco e en sucesivas ramas pasa a Bernardino Sarmiento e Zúñiga , logo aos seus fillos : María Sarmiento Pimentel (2ª condesa de Ribadavia ) , Diego Sarmiento de Mendoza ( 3º conde de Ribadavia ) , Luís Sarmiento de Mendoza (4º conde de Ribadavia ) , Leonor Sarmiento de Mendoza (5ª condesa de Ribadavia ) que falece sen sucesión , recaendo o título en María Sarmiento de Mendoza que ao casar con Francisco dos Cobos , Marqués de Camarasa , a casa pasa aos descendentes do Marqués , así segue Diego Sarmiento de Mendoza que ao casar con Isabel Manrique de Mendoza e ter un fillo : Manuel dos Cobos e Lúa , este herda do seu pai o conde de Ribadavia , ao falecer este sen sucesión , o seu primo Diego dos Cobos convértese en Marqués de Camarasa , casou con Isabel Velasco e non tivo descendencia . Do litixio que estableceu pola incompatibilidade dos Mayorazgos de Camarasa e Ribadavia , resultou que o seu irmán Alvaro Sarmiento de Mendoza convirtiuse en conde de Ribadavia . O fillo maior deste Miguel Gómez dos Cobos sucédelle , pero a falta de descendencia deste , faille renunciar ao condado en favor de Diego Sarmiento de Mendoza , que se atopa co mesmo problema de sucesión e dá lugar a un preito entre José María Sarmiento de Ribadeneira e Domingo Gayoso dos Cobos , resolto a favor deste último no ano 1779 . A partir dese momento iranse sucedendo os distintos condes de Ribadavia : Joaquín Gayoso dos Cobos , Francisco de Borja e Jacobo Gayoso dos Cobos e na actualidade é conde de Ribadavia : Don Ignacio de Medina Fernández de Córdoba .Texto sacado da Fundación casa ducal Medinacelli ; Casa de Ribadavia . 


Escudo do Sobrado . 

Trátase dun escudo cuartelado en cruz adornado con lambrequín e tenantes ou soportes e na parte donde sole levar o grito de guerra este amosa a figura do sol con unha cinta saíndolle da boca a modo de símbolo do tahalí .
Trae por armas : No 1º cuadrante un laurel con un lobo empinado ao tronco , surmontado dun anacayo ou flor de lis . No 2º cuadrante torre donjonada acostada de dous anacayos ou flores de lis postas en pau . No 3º cuadrante un águila coronada na sua postura natural ou " in maesta " . E no 4º cuadrante cinco bandas .
A simple vista o escudo pertenece a un fidalgo , pois non leva coroa e sí un penacho de plumas i o casco está posto de perfil hacia o lado diestro e ten tres rejillas o que descarta que fora dun escudeiro ou dun bastardo . Sin embargo por aqueles tempos a fidalguía podía ser : de sangre , ou de bragueta . De sangre si era descendenta de nobres , e de bragueta si no seu matrimonio había tido por o menos sete ou mais fillos varons .
Fáltame estudiar a linaxe ou linaxes as que pertenece . 


Escudo dos Toubes (1). 

Escudo enteiro , sobre campo de ouro tres contrabandas de gules que neste caso son amaidas ( faixas recortadas cuxos extremos non tocan os bordes do escudo ) , posue un casco que representa a un antiguo nobre ou fidalgo , pois vai posto de perfil hacia o lado diestro , forrado de gules e con tres rejillas , portando penacho multicolor , que corresponde as armas do seu escudo .
Pódese ver na fachada do pazo da Touza e sin dúbida representa os primeiros moradores de dito pazo .
Este blasón figura no libro " El arte en las Labras Heráldicas del Ribeiro " . 


Escudo do pazo da Touza (2) 

Escudo do século XVIII, colocado na fachada o nacente por riba do portalón de entrada o Pazo.
Componse dun helmo empenachado perfilado á destra, deixáronnos a maiores das tres bandas dos Toubes no ombrigo do escudo, ocupando o centro da punta e os dous cantóns, aparecen uns símbolos que fan dubidar do seu sentido: o contorno dunha suposta águia, pode que sen rematar, con catro roeles.
Os datos foron tomados dun artigo de José Ricardo Rodríguez Pérez titulado " Pazos do San Amaro. Linaxes e labras heráldicas "


O escudo dos Sarmiento. 

Hoxe dame a razón o profesor Rafael Tobío Cendón sobre o escudo que figura na fachada principal da Igrexa de San Fiz.

Lendo detidamente un artigo seu, dice que a dereita da apertura da ventana do hastial, atópase encastrado no muro a labra dos Sarmiento, Conde de Ribadavia, como dono que era da Igrexa alá polo ano 1487.
Ata agora a única referencia que había era a do historiador e investigador Xosé Ricardo Rodríguez que sinalaba a labra coma a dos Lemos, coa cal eu non estaba de acordo, pois a relacion dos Lemos coa nosa parroquia era nula. Como xa comentei nun artigo anterior deste blog, os mais vellos da parroquia recordan esa labra coma o escudo da condesa, facendo referencia a muller do conde de Ribadavia, os Sarmiento.
Unha proba mais e que nunha visita pastoral que realiza o bispo da sede auriense, a nosa parroquia, confírmanos que a Igrexa de San Fiz pertenecía o Conde de Ribadavia, título que recaía entón en Don Bernardino Pérez Sarmiento.
A descrición do escudo e a siguinte: En campo de gules, trece roeles de ouro postos doce deles en tres paus e un só na punta do escudo. 


¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar