Etimoloxía e Historia.

Posesións do Mosteiro de San Clodio na " Granxa de San Fiz de Navío".

Retornando o Tumbo do Mosteiro de San Clodio, en concreto as posesións de dito Mosteiro en San Fiz. Neste siguinte artigo quero amosar os foros e ventas que aparecen no Tumbo dos lugares de San Fiz.

  • Cimadevila .- " En el año 1258, Pedro Dieguez y una hermana suya venden a este Monasterio el lugar de Cimadevila en la feligrasía de San Felix de Navío. Todas sus casas y heredades y lo más a él anejo perteneciente".
  • Ventoselo.- " En el año 1274, Elvira Pérez vendió por 370 sueldos a Don Juan Arias, Abad de dicho Monasterio el lugar de Ventoselo sito en la feligresía de San Felix de Navío, con todo lo anejo y toda la demás hacienda que tenía."
  • As Candorcas.-" En el año 1522, Fray Gabriel Cabeza de vaca afora a fernando da Rigueira unha leira de monte donde dicen las Candorcas, en el dicho foro con condición de que lo planten de viña dentro de 5 años.

As demáis posesións tamén aparecen coas súas ventas e aforos. Quere esto dicir que unha vez que compraban ditas fincas, volvían a aforalas ( alquilalas ) a veciños desta fregresía. Ventoselo, por exemplo, cómprano en 1274 e logo no ano 1423 o Abade Albaro Fernández aforao a Gonzalo Lorenzo e Inés Lorenzo, por séus días ( mentres vivan ) e por dúas voces ( dúas xeracións máis ).Pero o Mosteiro non vende nin abandona as terras, noutro foro de 1531 Fray Bernardo de Cornejo afora a Alfonso Durán i Elvira Alvarez, súa muller, polos séus días e por catro voces. Ainda aparece outro foro de 1583 donde o abade Fray Pedro de Noriega afora a Gaspar González e a súa muller, o mesmo lugar de Ventoselo.Ou sexa que estamos a finais do século XVI e San Clodio ainda conserva as terras tres séculos despois.A portada do Tumbo dice así: Tumbo de toda la hacienda que este Monasterio tiene fuera de la jurisdicción de San Clodio. Y de las granjas principales del Ribero del Avia.San Fiz en 1580 era granxa do Mosteiro.Nas fotos que vos amoso, figuran os foros e ventas, ide picando e se tendes curiosidade leede, con paciencia pódese facer. Dou fe.


San Fiz no Tumbo Vello do Mosteiro de  San Clodio.

No ano 1579 nas Ordenanzas Municipales de Ribadavia aparece quén pode producir e vender viño do Ribeiro. Moitos anos despóis, en 1932 nace a Denominación de Orixe Ribeiro e xa en 1956, créase o Consello Regulador do viño do Ribeiro.

            Pois ben; moitos anos antes, en 1317, o Mosteiro de San Clodio xa tiña certas posesións en San Fiz. Unhas no lugar de Outeiro, tamén en Cima de Vila ( lugar desaparecido, entre a Quintá e o Picouto ), otras en Ventoselo, unha casa con viñas en Sergude ( O Casal de Sergude), O monte das Candorcas, outra viña en Agualevada e unha casa que non detalla.Todas estas herdades non eran para pasar o fin de semana. A maioría eran viñas que engordaban a bodega de San Clodio. Esto quere dicir que moito viño, e bo, saía das nosas terras.

         En moitos dos foros que o Mosteiro facía con xente de San Fiz, aparecía a condición de: " han de plantarse tal cantidade de cepas"... según as cabaduras que tuvera a viña. Eso di, por exemplo o Foro das Pombeiras, que parte xa era viña, tamé o Foro de Valdemundín, o Foro das Paredes ( herdade cerrada no que ahora e a Longariña).Noutro artigo concretareivos todas esas herdades que aparecen no libro de Facenda do Mosteiro de San Clodio.Por todo esto e moito máis; seguimos e seguiremos revindicando a entrada na Denominación de Orixe Ribeiro.

        A portada dice: "Tumbo y breve sumario de toda la hacienda y otras cosas memorables que hay en este Monasterio de San Clodio. Hecho por el muy Reverendo Padre Don Fray Baptista de Villalba, abad de dicho Monasterio de Nuestra Señora de Balbuena, año de 1607".


" El Ribeiro del Avia ".

Nun traballo que Don Eladio Rodríguez fixo para o Boletín da Academia Galega, que se chama: Comarcas Galegas : El Ribeiro del Avia, tamén se acorda de nós. Son tantos e tantos episodios acaecidos no Ribeiro e ligados o pobo de San Fiz, Anllo e outros, que e imposibel separarnos desa Demarcación de Orixen Ribeiro. O que sexa a Touza, e anecdótico, se temos en conta que naqueles tempos as familias máis importantes e que máis peso tiñan eran Os Toubes. E de onde procedían ? de Outeiro de Riobóo, ribeiro, ribeiro .... e por onde se expandiron ? foron para o Coto da Touza, ribeiro, ribeiro.... por tanto, eles chegáballe esa zona pra cultivar as cepas traídas do Ribeiro.

En fin gustaríame que dende o Consello Regulador do Ribeiro se debullara un pouco máis de historia dos noso ancestros, sei que está en libros e arquivos dalgúns dos anaqueles que adornan os grandes pazos, pero só son visitados polo polvo e o esquecemento.


A segregación de San Fiz de Navío do Concello de Cenlle.

       Como sabedes todos, a Parroquia de San Fiz de Navío, durante moitos anos pertenecía a Xurisdicción de Roucos. Logo a principios do século XIX, empezaron a constituirse os primeiros Axuntamentos Constitucionales, entón San Fiz pasou a pertenecer o Concello de Cenlle, permanecendo hasta o 8 de Abril de 1849 que se segrega de Cenlle e pasa a pertenecer o Concello de San Amaro. Polo medio houbo certos episodios, donde o Concello de San Amaro pasou a ser de Salamonde, e logo en 1906, voltou a ser Concello de San Amaro. A Casa Consistorial cando era en Salamonde era no Ferradal. E no San Amaro, pasou por tres casas distintas polo de agora. 


Desexamos, debemos e agardamos estar na " D.O. viño do        Ribeiro".

          Xa dende moi pequeno, cando polas miñas máns pasou un mapa do Ribeiro, asaltoume esa pregunta, moitos anos despóis, sigo preguntándome por qué San Fiz de Navío, non está na denominación Ribeiro ... Trabas burocráticas ? Problemas administrativos ? Deixamento municipal ? ... e con todo iso resulta curioso que A Touza forma parte dese mapa.  

             Se nos remontamos a tempos antigos, podemos comprobar que San Fiz pertencía ás terras de Castela, á Xurisdición de Roucos, alá polo ano 1752 no catastro de Ensenada no Interrogatorio que han de satisfacer baixo xuramento os intendentes de cada pobo, á pregunta nº 11 Qué especies de froitos recóllense no termo?, ademais de millo, centeo e trigo, din que se recolle viño branco e tinto. Se ademáis observamos que ditas terras de San Fiz e o Coto de Outeiro en varias ocasións foron doadas a Mosteiros como o de Oseira, San Clodio e ata ao de Toxosoutos, temos a evidencia de que estas terras eran ricas e fértiles, sobre todo en viñedo.

               Onde radica pois a diferenza coas terras do Ribeiro ? ... Botemos unha ollada ao mapa : Osmo ten os seus principais terreos vitivinícolas nas ladeiras do regacho das Candorcas , viñedos como O Costado , A lamela , O souto , i os Pumares, gozan do mesmo microclima alí existente , da mesma orografía e condicións medio ambientáis que a zona de San Fiz onde as súas plantacións da Costa, Castiñeiro Grande , Piñeiro , Sergude , Casas Novas, Sobrado, que ademáis comparte viñedos coa parte alta de Riobóo , Mascaroute , Berxans. Regadas tamén estas terras polo regato Rioboó . Debo de aclarar que nos actuais mapas topográficos o regato dás Candorcas baixa dos montes de Anllo e pasa por Rioboó e Cortellas, eu penso que lle deron ese nome porque un dos regachos que o forman é o que baixa desde O Barreiro pasando polo muíño dás Patelas descendendo nunha bonita fervenza chamada A Fareixa , este non figura con nome algún , pero para os habitantes do lugar é o regato das Candorcas . O mesmo afirmo para outras zonas como Anllo, na mesma vertente, que os viños de Gomariz e compartindo o río Arenteiro que tamén e o río que baixa de Pazos de Arenteiro, saudando a terras Cabanelas, Banga e o Barón. 

              Na miña modesta opinión, creo que foi máis ben falta de empeño, unha reivindicación que quedou sempre eclipsada por outras necesidades máis urxentes que a parroquia necesitaba. Temos o orgullo de posuír uns viños que non envexan nada aos do Ribeiro, sendo éstes irmáns naturais e fillos da mesma terra, viñedos que acariña o mesmo vento do norte e que madura o mesmo sol de poñente .  

           Se na antigüedade bautizouse o noso pobo como " Balcón do Ribeiro ", ¿ Cómo se entende esta situación ? se dende o balcón é onde se arenga á tropa , dende onde se dan os discursos importantes e dende onde se lé o pregón das festas ... a proximidade do balcón ás masas é inminente, con todo, no noso caso o balcón parece ser un cualificativo regalado en agravio á distribución e limitación do mapa do Ribeiro .Se viaxamos cara atrás no tempo, no libro " Vignobles et vins du Nord-Ouest de l'Espagne " do escritor francés Alain Huetz de Lemps, no tomo I, páxina 222 ; fai referencia aos viños desta parroquia na que destaca o elevado prezo que adquiren, en concreto os da colleita de 1581, referíndose a élo coas seguintes palabras : " En 1581, année de bonne récolte, les prix sont seulement à San Felix de Navio de 13 reais le moyo de blanc et de 8 reais le moyo de rouge ... ".

           Resulta curioso despoís de leer a páxina do Consello Regulador da Denominación de Orixen Ribeiro, no seu apartado referente a Historia, que se alguén merece un recoñocemento especial na memoria histórica do Ribeiro estes son os monxes do Cister, que se asentaron no Mosteiro de San Clodio, ocupándose con agarimo e esmero do coidado e estudo das variedades autóctonas que hoxe en día nos dan prestixio ... Eu me pregunto : ademaís das plantacions de viñas que eles tiñan en San Clodio, non e certo que tamén poseían viñedos noutros pobos do Ribeiro ? Sí, podo afirmalo, en documentos do ano 1779, na feligresía de San Fiz de Navío, tiñan varias posesions, entre élas as máis importantes eran as viñas das " Pombeiras " ainda que eran traballadas por veciños de San Fiz as suas uvas eran transportadas as bodegas de San Clodio, dende donde eran comercializados, como xa vimos , a calquer parte , incluso as mesas dos emperadores romanos . Todos cantos datos levo recollidos e me faltan por recoller , lévanme o mismo punto de partida : Os viños de San Fiz, ou mellor dito os de San Amaro , cumpren as mesmas características e seguen o mismo camiño cos viños do resto da Denominación Ribeiro.


Asasinato " do Volante " 


Esvara o sol polo cumio de Pena Corneira acariñando o deus fálico que representa.
Vaise a luz que alumeou durante o día as tarefas da " saca " do viño nas bodegas.
A escuridade faise dona do pobo enteiro, ruxen potas, platos e culleras. Adormecen os meniños no colo da avóa, mentres os homes botan a brisca na tasca da Carballa.
En todas as casas faise silencio, menos nunha. Nesta alguien está nervioso, frente a unha taza de viño, cavila aquelo que tanto desacougo lle produce; cómo vou facer ? de dónde saco os cartos ? no me queda outra saída.
Mentres camiña despacio, revira os ollos cara todas as carrilleiras, escoita ladrar os cas, agóchase, espera un pouco deleitándose no recendo da augardente que lle chega dende Ventoselo.
Os bois resollan sen folgo na corte despois dun duro día de carrexa.
Xa pouca xente queda en pé. Xunto á pota unha espida lámpada que parpadéa sen acougo, un caldeiro recollendo as últimas gotas de augardente que siguen a caer paseniño, e alá o fondo, sentado na palla, o augardenteiro que agarda poñer fin o día con un celta atravesado nos beizos.
Un golpe seco reventa o silencio da noite... pero ninguén escoita nada, ninguén ve nada. Pasan as horas, a cor verde da garda civil tropeza co negro da noite. Todos buscan, baixan os pozos, entran nas casas, nas cortes, diríxense as leiras, nada, non aparece esa arma ensanguentada que truncou a vida do veciño e salvou a outro das contas que non lle cadabran.
Amence, segue a pasar o tempo, unhas tristes e acompasadas badaladas caen dende o campanario, veñen anunciar o trauma, unha ferida nos corazóns dos parentes.
Unha lápida sinxela co alcume " Volante " separa o cadaleito dos derradeiros murmurios. A escuridade cubre o camposanto con un manto de tristura.
Dentro, a verdade do acontecido muda pra sempre.
Fora, a xente, os contos, os murmurios, e o asasino mesturado entre eles.
Sempre que me puxen a escribir algo deste acontecemento, petaba contra o papel blanco, unha e outra vez, nunca me atrevía, ou terminaban na papeleira. A pesar dos anos xa pasados, sempre me parecía ferir sensibilidades, tocar un tema tabú ou eu que sei que disculpas.
Hoxe despois de pensar naquel dito tan mallado: " O pobo que non coñece a súa historia está condenado a repetila", decidinme a contar este feito luctuoso que se produxo no noso pobo de San Fiz. E moi doado contar historias bonitas como veño facendo, pero cando toca relatar unha así, dóe. 


Os pobos abandonados: Calve en San Fiz. 

Entro no pobo, o primeiro que albisco e unha fontela pequecha que mestura o murmurio das súas augas co frenético despertar da paxarada.
Camiño entre mimosas que tapan o percorrido do camiño serpeanteando entre silveiras que agochan os restos de leiras cubertos de maleza.
Terras e cadullos abrandados polas pegadas das xugadas, as bágoas e súores daqueles nosos ancestros dobregados polo mango da eixada.
Aparecen os primeiros muros derrubados, semellan quebracabezas desfeitos sen xerarquía algunha.
Adéntrome no que algún día foi un fogar, hoxe serve de hospedaxe a un vello carballo, del penduran as polas cheas de sentimentos e recordos, que van caendo nun carrusel de continua outonía.
Saio a campo aberto, e coma un lóstrego, pasan por diante miña, un montón de caras descoñecidas... ou non ? algunha, varias, moitas... ? semellan axitar o subconsciente.
Logo de todo pérdense nun barullo da memoria coma faíscas de lume que se van e nun minuto serán cinsa.
Abandono o pobo, só, silandeiro, asolagado de recordos, pero ca ledicia de espertar antigos sentimentos. 


Unha real orden de Carlos IV, firmada por un veciño da Touza. 

Durante o reinado de Carlos IV a finais do século XVIII e comenzos do XIX, en España un Deputado do Común ( unha especie de defensor do pobo actual ) de Córdoba, representando o Supremo Consello de Castela ( que era a columna vertebral e principal centro de poder da monarquía ) presentou unha petición o Consello, para que consultara a Sua Maxestade , rogando que as mulleres paticipasen nos bens gananciais adquiridos durante o matrimonio, como xa se facía en Castela e León.
Entón, co acordo do Consello de Castela, da Chancelería de Granada e do Axuntamento de Córdoba, o Rey resolve favorablemente e manda abolir esa costume.
Pero sabedes quén firmaba esa Real resolución ?, que daquela tiña residencia en Asturias, un veciño da Touza de San Fiz de Navío: Don Francisco Antonio de Toubes, que era avogado da Audiencia de Galiza e dos Reales Consellos da Cámara de Castela ( organismo que ten por tarefa aconsellar o Rey nos asuntos que son da súa plena competencia.
D. Francisco Antonio de Toubes, foi bautizado en San Fiz o día 2 de Marzo de 1732, era fillo de Francisco de Toubes e María Rodríguez de Castro. 


Declaración firmada de bens. 30 de Xaneiro de 1819. 

Un fillo de Ruperto García Caballero e Mª Josefa López de Sotomayor foi D. Félix García Caballero. Éste sería pai de Dolores García Caballero que logo casou con Manuel García Centeno, e que tiveron unha numerosa prole da que xurdiron os hoxe García-Centeno, García-Barral, García-Centeno, García-González, Gonzalez-Vázquez, GarcíaTizón, etc.
Pois ben; A principios do século XIX, según unha declaración, que atopei, firmada polo propio D. Félix García Caballero, mostra un listado de pagos que facía a distintas institucións, e son os siguintes:
O Sr Conde de Ribadavia, por unhas viñas que levo nesta fregresía, catro olas e media e dous cuartillo de viño, que axustados a cincuenta e seis reais, compoñen trinta e dous reais.
A Encomenda de Beade, tres olas e un cuartillo e tres reais en diñeiro, por dereitos, por viñas e por monte: un quintal de centeo e seis maravedíes en diñeiro, por dereitos.
O Mosteiro de Melón, por un cacho de monte: un real en diñeiro.
O Señor Abade da Parroquia, cen reais en diñeiro, por bens que leva.
A Igrexa de San Fiz, ola e media de viño.
Despois de ver esto non sei si queixarme ou non pola declaración de bens que se fai na actualidade. O que sí, os maravedíes e os reais xa pasaron a mellor vida.


O Influxo da Citanía de Las sobre os Castros do Concello. 

Cada vez que leo algún estudo sobre o Castro de San Cibrao das Las, comprobo que todas as referencias culturais, comerciáis e humanas se dirixen a castros relativamente lexanos, Cameixa en Boborás, Formigueiro en Amoeiro, Castro de Mosteiro en Lobás, Castro Cavadoso en Boborás, etc. Non dubido que esa interacción poblacional non exista, pero coido que as primeiras relacións tanto comerciáis coma humanas se fan: primeiramente cos mais próximos, logo espándense a núcleos mais alonxados.
Ahora ben, creo que o descoñecemento de castros catalogados pero sen estudar ou sin catalogar, e por tanto descoñecidos pra maioría, e a causa de que todo achádego que aparece, se lle busque unha ralación directa con castros moi investigados e recoñecidos polo mundo da arqueoloxía.
¿ A qué ven todo esto ? pois a que debemos empezar a estudar a relación da Citanía de San Cibrao das Las cos castros mais cercanos. ¿ Quén me di a mín que o cipo epistógráfico que apareceu na citanía de San Cibrao das Las co epígrafe: NA/BIAE non se refire a Navío ( San Fiz ) ? O teónimo NABIAE pode darlle un significado de " val " , deusa dos ríos/vales ou sexa naturaleza divinizada.
Ben pode tratarse dun castro superpoboado, con problemas habitacionáis donde os habitantes vanse instalando e levantando novos castros menores. Ou ben espallándose hacia terras mais ricas en cultivos.
Mención aparte ten o Castro do Monte de Santrocado, que frente a protocidade de Las, sería un enclave importantísimo. Os que por curiosidade queiran ler acerca do Santrocado, poden seguir as publicacións de Felisindo González a través das súas webs que son moitas e moi interesantes.
A lo menos quero deixar constacia destes outros castros menores, coido que ainda hai algún mais, que sen dúbida tiveron unha gran importancia no contexto da Citanía. 



A irmandade dos deuses "Navia" e "Bandúa". 

Alá polo ano 2013, relataba nun artigo do Blog de San Fiz de Navío sobre a orixe do nome "Navia". E dicía esto: Despois de analizar o epíteto "navia" nun artigo anterior deste mismo blog, coas conseguintes interpretacións: como derivado da deusa "Navea" ou tamén coma derivado do vocablo "Aviae". Deixando atrás estas interpretacións e fixándonos na deusa Navia como mito, encontramos na Desgalipedia que a deusa NAVIA naceu sobre a terra ao chorar ésta cando o seu home o Ceo foi separado dela, formándose así un río subterraneo que asoma a superficie polos pozos peagos e através de todos os ríos, sendo fronteira natural entre o noso Universo e o outro mundo ( o Alén ).
Dise que xa de pequena, a deusa Navia, foi moi rebulideira e contan que andaba sempre roubándolle as espadas o seu irmán BANDUA. Aquí quería chegar eu, estamos en San Fiz de Navío, certo e que non temos, polo menos descuberto, ningunha ara referida a deusa Navia, pero preto de aquí, concretamente en Eiras, atópase unha ara dedicada o deus Bandua, irmán de Navia, na que cita a Cidade de Lámbrica (San Cibrao de Lás).
Entón non soará tan desatinado duas deidades celtas, ademais irmans, nun territorio relativamente próximo, coñecendo tamén a expansión que se produxo no Castro de Lás hacia terras de Laias, Barbantes e arredores onde había lavadoiros de metais ( Laias ) considerado por Chamoso Lamas un centro mineiro de ouro.
Por tanto o nome do pobo Navío encaixa a perfección neste tecido territorial da época castrexa.
Agora, anos mais tarde teño que correxir aquelo de que non temos ningunha referencia da diosa Navia, pois ben, mentira, ahora sabemos que no Castro de San Cibrao das Las, apareceu un cipo que según algunha interpretación representa a deusa Navia.
Entón eu pregúntome: ¿ Cal e a relación directa do Castro de San Cibrao das Las, a ara de Bandúa e o cipo de Navia ? O que si coñecemos hasta o de agora e a importancia que supón o San Trocado para a Citanía, pero existe algunha relación do cipo de Navia con San Fiz de Navío ?
Neste senso, non son especialista neste tema, entón aí deixo a interrogante. 


O bandoleiro Andrés López de Sandulces. 

Cando escribes sobre temas que honran a persóas ou pobos, falo dunha maneira cómoda e entusiasmada, pero cando tes que sacar a luz episodios escuros da historia negra, sentes certos atrancos a hora de plasmalos. Este e o caso dun célebre bandoleiro deste Concello. Chamábase Andrés López, era fillo de Andrés López e Benita Domínguez, era taberneiro en San Fiz de Navío, e nacera en Sandulces, a principios do siglo XIX.
Pertenecía a unha "gavilla" do Carballiño, por certo moi nómade, movíase por toda a provincia e incluso por pobos da limítrofe Pontevedra.
Pois ben, no libro que escribiu Beatriz López Morán, titulado: " El bandolerismo Gallego en la 1ª mitad del siglo XIX, sae este personaxe.
EPÍLOGO: se queremos construir un futuro mellor e mais seguro non podemos olvidar un pasado escuro e turbio, para así non caer nos mesmos erros. 


Novebro de 1947.Chega a electricidade San Fiz. 

Prender a luz, por a radio ou botar a andar a lavadora son xestos sinxelos e rutinarios que, sen embargo esconden, en algúns dos casos, sacrificios e penurias. Este e o caso dos nosos pais, avós ou bisavós de San Fiz de Navío, que no ano 1947 decidiron traer a electricidade a todas as Parroquias.
Despois dun primeiro intento que fracasou, firmaron un contrato coa Compañía Hidroeléctrica do Arenteiro do Carballiño a chamada : CHEDA. Firmaron un contrato, que vos poño na foto, nada mais nin nada menos que por valor de 30.000 pesetas, xa vos podedes imaxinar o que daquela suporía esa cantidade.
Os abaixo firmantes do contrato son ben recoñecidos por todos os veciños da Parroquia. E como " de ben nacidos e ser agradecidos" quero que este artigo sirva de homenaxe a esta xente que converteu aquel gran sacrificio nun actúal xesto cotián.
O pobo enteiro estaba de acordo e unidos, e firmaron:
.-Rogelio Vázquez Vázquez. .-Felix Vázquez Ferreiroa. .-Manuel Fernández Dominguez. .-Manuel Vázquez González. .-Delfín Montero Soto. .-Gumersindo Bello Bóveda. .-Alfredo López González. .-Claudino López González. .-Argemiro Novoa Alén. José López González. .-Manuel Albarado García.
Esta documentación fíxoma chegar: Adolfo Otero Loureiro, a quen agradezo este detalle
.


Pergamiño do ano 1489 de Sergude, San Fiz de Navío. 

Seguendo con esta xeira de documentos antigos que se atopan no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, hoxe tócalle a outro pergamiño con data 10 de Xaneiro do ano 1489. Trátase dun foro no cal o Mosteiro de Santa María de Sobrado afora a Lopo de Sergude o Casal de Sergude, na fregresía de San Fiz de Navío.
O estado de conservación e: bo, ainda que presenta leves perdas na marxe central e dereita.
O descriptor xeográfico: Sergude ( lugar de San Fiz de Navío)
San Amaro. 


Unha escritura de foro e outra de doazón. 

Os documentos mais antigos, polo de agora, nos que figura un lugar da parroquia de San Fiz, son: unha escritura dun foro e unha escritura de doazón.
A escritura de doazón, con fecha 29 de Abril do ano 987, atópase no Cartulario do Mosteiro de Sobrado dos Monxes, e trátase dun escrito rubricado por Sismando a favor da súa muller Eldontia. O texto e en Latín e mostra a fórmula visigótica de entrega de dotes, enumera todos os pobos que lle entrega na dote e entre eles figura " Sandurci" que como sabedes trátase de Sandulces.
O segundo e un foro do 20 de Marzo do ano 974, atópase na Colección Diplomática do Mosteiro de Celanova, no cal, o Conde Don Rodrigo Velasquez chamado " o dux " cambiou co abade de San Pedro de Antealtares varias vilas na terra de Baroncelle pola de "Sandulces".... in terra Castellae inter Pastouria et Osamu ( en tierra de Castela entre Partovia y Osmo ).
Aquí xa figura Sadulces como villa, non coñezo os anos que permaneceu como "vila", pero unha cita no libro: " Ribadavia y sus alrededores " do Padre Samuel Eiján dice que Sandulces pertenece a Xurisdición de San Andrés de Camporredondo e sitúo dentro de Castela xunto con Vila de Juvencos e vila de Daconi. 


Permuta do ano 1244 

Despois de incansables búsquedas no boletín da Real Academia Gallega , no índice de documentos que perteneceron o Mosteiro de Melón , atopei o que hasta ahora e o documento mais antigo no que aparece o pobo de San Fiz . Trátase dunha permuta que no ano 1244 fixo o Mosteiro de Melón con D. Fernando Yáñez e a sua muller Dª Teresa Gil , por o cal éstos cedéronlle a leira do Adrio e outros lugares de San Fiz de Navío e o Mosteiro lles deu a cambio outras propiedades no partido de Sanín . 


"San Felices de Naveco" 

Este topónimo de nuestra parroquia, desde mi humilde opinión, no existe como tal, creo más bien que se trata de una mala transcripción de un documento antiguo y no de un "castellanismo" intencionado ni que tenga relación alguna con Naveco, padre de Josué de la tribu de Efraín.
En el índice de insertos en 25 años de la revista "Hidalguía" escrito por Adolfo Barredo de Valenzuela, escribe el lugar de nacimiento de nuestro ancestro vecino D. Francisco Antonio de Toubes y Ordóñez de la Touza con el curioso topónimo : San Felices de Naveco.
Paso a relatar el artículo de la heráldica de guardias marinas del año 1771 al 1867 de la Real Compañía Naval.
Dice así : En el expediente nº 3255, seguido a D.Francisco Antonio de Toubes y Ordóñez, nacido en San Felices de Naveco en 1761, con la información para su hidalguía hecha en el Coto de Sandulces por su origen, y en la que se prueba ser de la rama de los Toubes de la Casa de la Touza y de la de Riobóo, con la heráldica que ostenta ese linaje en sus casas, que era : un escudo de piedra y en él tres bandas o barras, y por último, justifícase también estar incluídos en los padrones de nobles en los años 1737 y 1767. 


¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar