Patrimonio  Relixioso.


O esmoleiro da Igrexa de San Fiz. 

Este peto das ánimas está situado na fachada principal da Igrexa, a carón dunha lápida que hay pegada a porta grande.
Trátase dunha fornela a xeito de cunca de vieira realizada no perpiaño, sen nengún tipo de atavíos, cun arco de medio punto.
E un esmoleiro moi sinxelo, extendido por Galicia. Algún moi parecido atópase na Capela de Santo Domingo de San Salvador de Xirazga outro en Santa María de Beariz de Montes, etc .
Polo xeral, o caixón de recoller as esmolas encontrase dentro da Igrexa ou por debaixo da cavidade aberta na pedra.. 


Altar maior e retablo 

        O retablo é policromado está elaborado en madeira , exuberante e prólijo , como o expresan os tallistas da época .
O retablo consta de tres corpos : Un corpo central onde a súa figura principal é a Virxe do Perpetuo Socorro , patroa da nosa parroquia , apóiase sobre o sagrario ou tabernáculo , que se engadiu ao retablo . Coroa esta parte central a talla de San José co neno no colo.
O retablo prolóngase lateralmente e na súa parte dereita abaixo San Félix , patrón do noso pobo e na parte alta San Antonio . No lateral esquerdo na parte baixa Santa Bárbara , que antigamente se celebraba a súa festividade e na parte superior San Roque .
Separado do retablo está o Altar , mesa rectangular de pedra puída cun só pé tamén de pedra . O altar é posterior ao retablo pois o mesmo retablo tiña no seu parte baixa un gran mesado que era o altar no que se celebraba de costas aos fieis ,
              As paredes laterais da Igrexa , antigamente estaban encaladas e fai anos picouse todo o cal deixando ao descuberto a pedra encintada con cemento . En todo o seu conxunto é un bo exemplo da beleza do románico 


Arquitectura Relixiosa


IGREXA DE SAN FIZ DE NAVIO
De construción románica situada estratexicamente nunha das ladeiras que miran ao río Avia.
Planta dunha soa nave , con cabeceira lisa e sinxela e ábsida rectangular . Na fachada escudo e dobre arquivolta sobre a porta occidental , de arco de medio punto e tímpano con cruz de catro pombas aos lados .
Cruz patriarcal remata a espadana , do mesmo xeito que na ábsida , que leva tamén o cordeiro pascual . Interior con arco de medio punto peraltado no presbiterio e bóbeda de nervios de estilo gótico .
Tamén figura na fachada o escudo dos Sarmiento . 




San Félix Mártir  Patrón de San Fiz

Unha das innumerables vítimas da última das grandes persecucións do Imperio
romano contra o cristianismo; e un dos máis ilustres mártires españois inmolados polo
furor do pretor Daciano, encargado de executar a persecución no noso país. Festa: 1 de agosto.
Na vida de San Félix, o glorioso mártir xerundense, mestúranse profundamente a
historia e a lenda, ata tal punto que se fai difícil descubrir a súa verdadeira personalidade. As actas do seu martirio, xunto coas do seu compañeiro San Cucufate, foron adulteradas por mans piadosas pero totalmente indiscretas, carecendo do valor histórico necesario para debuxar sobre elas a silueta do noso biografiado. Seranos necesario, por conseguinte, con poucos datos intentar ver, tras o que nos contan as fontes, só escintileos do que foi e do que fixo San Félix.
El e o seu compañeiro de andanzas Cucufate, naceron no continente africano, na rexión
Scilitana, de familias acomodadas. En Cesarea marítima cursan os seus estudos e teñen os seus
primeiros contactos cos seguidores de Cristo, tantas veces declarados inimigos do Imperio e perseguidos con saña diabólica. Os ensinos evangélicas achan terreo abonado no corazón nobre, puro e xeneroso dos dous mozos, que deciden recibir o bautismo. A súa decisión e a súa entrega é tan definitiva que chegarán ata a dar a súa vida en testemuño perenne da divindade de Xesucristo.
Achámonos a finais do século III. A Roma pagá empeza a fenecer, para deixar lugar á Roma de Cristo, que cal nova ave fénix aparece cunha vitalidade inesperada que intentarán afogar inutilmente no seu propio sangue os crueis emperadores romanos. Nestes decenios a persecución azouta só algunhas provincias do vasto Imperio, e entre elas a Tarraconense. A orde de exterminio foi dada polos poderosos Diocleciano e Maximiano, que hai pouco se repartiron os territorios imperiais, que non poden ser gobernados cunha soa man.
Félix e Cucufate, saben que só unha cousa é necesaria: amar a Deus sobre todas as cousas
e que para amarlle hai que amar primeiro ao próximo. Queren ser consecuentes, e deciden
abandonar o seu país, onde aínda non chegou a orde imperial de exterminio, para axudar
aos cristiáns da Tarraconense a soportar a difícil proba en que se achan. Cheos de santo
amor e simulando o oficio de mercadores, pasan o Mediterráneo e chegan respectivamente a Ampurias e Barcino. Félix trasládase a Xirona, que será o centro das súas actividades heroicas. Veñen como din as actas do seu martirio simulando ser
mercadores, porque é o hábito máis propicio neste momento e porque levan entre mans o negocio mellor, que é a salvación eterna, e a mercancía máis necesaria, a fe en Cristo.
En Xirona, Félix promove tanta admiración entre o pobo pola súa integridade de vida e
pola súa fervente caridade, que converte moitos pagáns. Pronto a súa presenza e actividade
inquietan ás autoridades, que lle levan ante o tribunal do Pretor. Do tribunal pasa ao cárcere e logo de recibir sentenza condenatoria, é sometido aos máis atroces tormentos, dos que é varias veces liberado por intercesión angélica. Primeiro é vítima de diferentes torturas, despois é atado a uns cabalos e arrastrado polas
principais rúas da cidade. Curado milagrosamente, pasa novamente por diferentes
pobos e, trasladado á praia de San Feliu de Guíxols, bótanlle ao mar levando atada
unha roda de muíño ao pescozo. Novamente é salvado por intercesión duns espíritos
evangélicos que suavemente lle conducen á praia. Para rematar, termina heroicamente a súa
vida cando é sometido ao terrible suplicio de desgarrarle a carne con garfios de ferro.
Isto ocorrería cerca do ano 304 e pouco despois do martirio do apóstolo de Barcelona San
Cucufate no Castelo Octaviano, hoxe San Cugat do Vallés.
Parece claro que San Félix non pertenceu á clerecía, nin desempeñou algún ministerio
sacro. Era un simple seglar que se converteu en misioneiro. O seu fervor era tan grande, que
non dubidou en abandonar a súa terra natal, a súa familia e as súas riquezas, para testemuñar a súa fe en Cristo, para axudar aos nosos antepasados na fe a permanecer fieis ante a
persecución, ata ata entregar a súa vida e ser con iso simiente de novos cristiáns.
No noso século XX, século que viu aparecer no seo da Igrexa cunha forza xamais esperada o apostolado seglar, Félix, a pesar da densa lenda que cobre toda a súa vida, é un modelo perfecto para os que hoxe, dentro e fóra das organizacións católicas, intentan seguir a orde do Señor: «Ide, ensinade a todas as xentes....
Pronto a fama do seu martirio esténdese por toda a cristiandad, e cen anos despois o primeiro gran poeta cristián, Prudencio, no seu Peristephanon, o libro dos mártires, citaralle dicindo: A pequena Xirona, rica en corpos santos, mostrará os venerables restos de San Félix.
Os Pais da Igrexa Visigótica contarannos os seus milagres e os feitos extraordinarios obrados xunto á súa tumba e o rei Recaredo irá en peregrinación a Xirona para ofrecerlle unha coroa votiva de ouro. Xirona continúa gardando os seus preciosos refugallos e sobre o seu sepulcro construíu un gran templo para recordar á cristiandad a fe e o amor do seu apóstolo mártir. 


A tradicción do racimo de uvas de S.Félix . 

Hasta fai poucos anos o día do Patrón , San Félix , celebrábase a procesión do santo e nela hay que destacar que a súa imaxen adornábase cun racimo de uvas cortado na viña de algún dos veciños da parroquia .
Despois de estudar a fondo esta costume , coido que non representa un mero adorno floral das primeiras uvas pintas ou maduras da cosecha , que por esas datas comenzaba ou xa estaba maduro según fose o ano , sinón mais ben unha tradicción ancestra de ofrecemento da riqueza do pobo , os seus deuses , unha maneira de pedir abundancia nas cosechas ou agradecer os frutos nados nos terreos .
Son moitos os pobos que así o fan : En as Torres de Cotillas ( Murcia ) na comarca do Medio Segura , rexión vitivinícola , a tradicción remóntase a o ano 1778 , ainda que por documentos aparecidos , seguramente xa desde o 1452 cando os cristiás repoboaron a vila . En Alhama ( Almeria ) celébrase a procesión do ? Niño Dios ? ataviado con un racimo de uvas , símbolo da localidade . En Santa María de Los Arcos ( Navarra ) antes de iniciarse a procesión colócaselle o Patrón o "pañuelico roxo" anudado o pescozo e un racimo de uvas . Na procesión do Corpus en Bogotá , ésta xira en torno os altares nas esquinas en donde se representan esceas bíblicas con diversas figuras , arreglos con trigais , racimos de uvas e incluso seres mitolóxicos.
No Perú , na procesión do " Señor de la viña " sacan a un crucificado de pequeño tamaño que posue a particularidade de ser adornado con racimos de uvas nas mans do santo , pidíndolle desta maneira que protexa a cosecha de uvas , de heladas e plagas .
Podería seguir enumerando infinidade de lugares que tirando da tradicción , rememoran esas ofertas ancestrais a os deuses .
Todo esto sigue a falar de que San Fiz e un pobo totalmente " Ribeirao" péselle a quen lle pese . As uvas formaron e forman parte do " modus vivendi " dos veciños da parroquia de San Fiz , xa que eles naceron , viviron e morreron entre cepas . Foron a paisaxe , o terruño , as variedades i as xentes quen fixeron o bon viño do Ribeiro , non uns señores de garabata sentados en caros sillóns baixo o nome:  consello regulador . 


O cruceiro da Carballa 

Trátase dun cruceiro construído en granito , con plataforma cuadrangular de tres chanzos sobre a que se asenta un pedestal cuadrado do que arranca un varal de sección circular , sin basa , no cal pousa unha cruz de sección cuadrada achafranada . Dentro da adscrición tipolóxica pertenece a arquitectura dos camiños .
O estado de conservación e regular , sofre erosión e algunha parte está coverta de liques .
Este cruceiro foi trasladado desde " A Carballa " que era o seu sitio natural , a carón da escola de San Fiz ,no campo da festa , alí era donde todos os que teñen bastantes anos o recordan , non fai moito veu a parar o cruce de carreteras que van pra San Amaro e a que vai pra Cenlle , cerca da Carballeira .
Na actualidade o cruceiro marca o lugar hasta onde vai a procesión da Virxen do Socorro , que sale da Igrexa e unha vez rodeado o cruceiro , volta por a parte de atrás da Igrexa hasta o atrio donde se realizan as poxas e entra de novo na Igrexa . 


" O Agnus Dei "

Sobre o tellado da Igrexa de San Fiz , na sua parte posterior , sobre o testeiro da ábside encontramos , situado xusto no cumio do tellado unha figura de pedra que representa un carneiro .
A apelación a figura do carneiro está en relación coa de pastor e rebaño , como situación de coidado e dirección . Así aparece en textos bíblicos que refiren a Cristo como " El buen Pastor " que coida e apacenta as ovellas . O carneiro tamén e a representación de Cristo morto e resucitado .
A parte de lenda popular que ten isto e que antigamente decían os nosos antepasados que se che doían as muelas tiñas que subir o tellado e montar a cabalo do carneiro e paraban de doer ... en mais dunha ocasión tiven esa tentación pero a decir verdade e que era mais grande o medo que lle tiña as alturas que a dor de muelas  


A Cruz procesional de San Fiz. 

Si facemos un pequeno recorrido polo patrimonio da nosa parroquia, atoparemos verdadeiras obras de arquitectura, fermosos lugares arqueolóxicos, numerosos conxuntos históricos e tamén un amplo surtido de obxectos artísticos e de gran valor cultural.
Hoxe quero destacar a " Cruz Procesional da Parroquia de San Fiz" feita polo plateiro GASPAR RODRÍGUEZ alá polo siglo XVII concretamente no ano 1618, por tanto vai facer 400 anos.
O plateiro Gaspar Rodríguez era un insigne membro dunha familia de Ourense dedicada o arte da platería. 


A Igrexa Románica de San Fiz de Navío. 

O Centro de Estudios Chamoso Lamas do Carballiño facilitoume a sua revista " Argentarium " na cal, no nº3 do ano 2001, D.Rafael Tobío Cendón realiza un traballo sobre a devandita igrexa.
Comenza cunha breve situación xeográfica e unha síntese histórica dos documentos que na antigüidade fan referencia a dito templo. Fai, a continuación, unha descrición artística da planta describindo o exterior e logo o interior da nave, centrándose na ábsida, acabando o seu recorrido e o seu traballo cunha cronoloxía pra fechar a construción da igrexa.
Un traballo realizado con todo luxo de detalles a pesar dun vacío documental que hay de pouco mais de un século e medio.
Cabe destacar neses primeiros documentos que fan referencia a parroquia os lugares mais nomeados son: O Outeiro e Sandulces, e donde mais aforamentos de terrras se producen. Noutros artigos anteriores xa describín polo miudo que Sandulces gozou, en determinadas épocas, dun estatus de vila, alí pagábanse tributos o señorío do Coto de Sandulces e tamén se firmaron expedientes pa probar a fidalguía dalgún personaxe ilustre. En Outeiro, tamén Coto en algún tempo, teño que decir, era granxa do Mosteiro de San Clodio, de alí partían moitos moios de viño hacia as súas bodegas, as mellores fincas como a Das Pombeiras eran propiedade do Mosteiro que as tiña aforadas a veciños de San Fiz.Posteriormente tamén foi tenencia, lugar onde se cobraban os foros e proba diso e que en Outeiro as últimas casa do lugar chámase a Tenencia.
Pois ben, quen queira leer este interesante traballo de Rafael Tobío Cendón, que se poña en contacto comigo e eu facilitareillo.


San Félix protector dos nenos. 

Xunto cos remedios caseiros e as virtudes das plantas, na crenza popular dos nosos antepasados existía outro tipo de medicina sobrenatural ou supersticiosa : os santos, que eran invocados moi a miúdo pra recuperar a saúde. Son moitas e diversas as cerimonias que se celebran ao longo e ancho da nosa terra.
Na nosa parroquia temos o exemplo no noso patrón San Félix cuxa festividade cerebrase o dia 1 de Agosto, e a ela acuden todos os nenos e nenas da parroquia e da contorna co firme proposito de asistir a procesión e logo a misa. Baixo un repique de campás e un estruendo de fogos o Santo sae da Igrexa e nese momento as nais afananse en colocar os rapaces debaixo das andas do Santo, co só propósito de que o neno fale ben ou comence a falar canto antes, se e algo lacazán pra facelo. Os mais vellos decían que unha vez que o neno pasara esa proba tardaría moi pouco en falar.
Esta ceremonia descoñezo si se celebra en calquer outro sitio, o que si e verdade que noutras aldeas e pobos predominaba este ritual pra curar o tangaraño o culleitizo o mal de ollo e outros males.
Podo asegurar que poucos son os nenos da nosa parroquia e arredores que non pasaran por debaixo das andas de San Félix. Na
actualidade segue a celebrarse a procesión pero cada vez hay menos nenos que cumplan coa tradicción, pero eu coido que se debe mais a unha desmenución da natalidade que a falta de fe nesas costumes.

Foto cedida por Milagros Fernández Silva


Algúns obxectos do patrimonio artístico. 

Hoxe vos quería amosar os obxectos mais valiosos do patrimonio artístico da nosa parroquia, deixando a un lado o patrimonio natural o cultural a igrexa e os castros que tamén forman parte do noso patrimonio.
...Ano...........Autor................. Obxecto...
1618 Gaspar Rodriguez (prateiro) Cruz parroquial
1742 Clemente Miranda (prateiro) Caliz e Patena
1748 Ruperto García (mestre escultor ) Talla de Santa Bárbara
1754 Josef A.Movilla (prateiro) Copón novo
1766 Francisco Guerrero (latoneiro ) Lámpara do Santísimo
1797 Carlos Lemos (escultor) Tallas de San Blas e Santa Lucía
Hay outras tallas restauradas mais recentemente e outros obxectos que non figuran nos libros de fábrica, polo tanto pouco sabemos deles. 


A Cruz Procesional de San Fiz cumpre 400 anos. 

Según o líbro de Fábrica da Igrexa de San Fiz de Navío no ano 1618 o prateiro GASPAR RODRIGUEZ fabricou unha Cruz Parroquial para a devandita igrexa.
Gaspar Rodríguez era un insigne membro dunha familia ourensana adicada o arte da Pratería.
Antigamente esta cruz parroquial acompañaba o señor cura cando iba administrar o Santo Viático os moribundos da parroquia como axuda no seu paso definitivo, tamén se sacaba, e sigue sacándose, o día da Patrona na procesión. Os mais vellos recordarán as rogativas que se facían o patrón pra que a choiva volvese os campos marchitos, nestas ocasións tamén sacaban a cruz.
A documentación figura no Arquivo Diocesano de Ourense e foi recollida por José Carlos Frenández Otero , Miguel Angel González García e José González Paz nos Apuntes para o Inventario do Mobiliario Litúrgico da Diócesis de Ourense.
Na actualidade está arquivada na Fundación Pedro Barrie de la Maza . Ano 1984


Un cáliz e unha patena do mestre prateiro Clemente Miranda 

Nun artigo anterior xa tiña comentado que o prateiro Clemente Miranda fixera un cáliz e unha patena para a Igrexa de San Fiz de Navío. Trátase dun prateiro valisoletano que desde o ano 1742 hasta o 1746 traballou por terras galegas.
Clemente Miranda conserva certos rasgos formales da pratería Rococó na súa estrutura e na sinuosidade dos perfís, ainda que a súa depuración ornamental na súa obra anuncia un cambio estilístico hacia o Neoclásico que triunfará nas décadas posteriores.
Pois ben, ahora acabo de atopar o documento que o confirma, no Arquivo Diocesano de Ourense, dentro do Libro de Fábrica da Igrexa de San Fiz de Navío.E dice textualmente:
ECHURA DE UN CALIZ POR CLEMENTE MIRANDA PLATERO, PARA LA IGLESIA DE SAN FELIX DE NAVIO
" He de haber ciento y noventa y tres reales y seis maravedíes que pagué por la hechura de un cáliz zincelado pie y vasa y sobre copa, con copa y patena dorados, el qual pesa veinte y tres onzas y media (digo) y cinco ochavas y media: y para el que se deshizieron dos cálices viejos que pesaron veinte y nueve onzas y cinco ochavas; y las cinco onzas y cinco ochavas y media que sobran las admite en cuenta el platero a diecinueve reales e importaré ciento y doce reales y veinte y ocho maravedíes, cuias dos partidas hazen trescientos reales que importó toda la hechura y dorado y porque despues me bajó treinta reales como consta en la zertificación que traje de Clemente Miranda. No cargo mas que ciento y setenta y tres reales y seis maravedíes" 


¿ Trátase do mesmo mestre escultor ? 

Unha vez lido o traballo que sobre a Igrexa de San Fiz fixo Rafael Tobío Cendón, e dado que el mesmo deixaba ver o parecido que había en certas construccións entre a Igrexa de Serantes e a de San Fiz, ben podía tratarse do mesmo mestre canteiro ou dalgún alumno diste.
Pois ben, se nos fixamos detidamente nos tímpanos, son casi idénticos. Presiden o tímpano unha cruz flordelisada flanqueada nos extremos por duas árbores; representando o árbore da vida e o do coñecemento do ben e do mal. Tamén nos dous casos o tímpano e monolítico montado en sendas mochetas. Nos brazos da cruz aparecen dúas aves afrontadas.
Convén dicir que no caso de Serantes tamén flanquean a cruz dúas figuras, que pro autor do traballo representan a María e a San Xoán Evanxelista. No caso de San Fiz son dúas figuras que nos se aprecian ben, polo desgaste do tímpano, poden ser dúas aves .
Na cinta que bordéa o tímpano, encóntrase a inscripción que dice : FUNDATA EST - ISTA ECCLESIA - SUB ERA : MCCVIII.
Exactamente iguais nas dúas Igrexas.
Despois disto non creo que sea moi atrevido afirmar que nas dúas Igrexas traballuo o mesmo mestre escultor ou na de San Fiz, un alumno da mesma escola.
Quedan moitas comparación pendentes de estudo xa que tamén hay gran parecido na de Santa María de Mesego, San Martín de Nogueira de Petán e na casa oratorio de Santiago de Partovia.


A conexión co Lignum Crucis do Mosteiro de           

San Clodio. 

Gustaríame dedicarlle unhas liñas a cruz que descansa sobre o piñón que coroa o paramento da ábsida da Igrexa de San Fiz. Primeiramente decir que se trata dunha cruz chamada tamén de Caravaca ou de Laón, trátase dunha cruz patriarcal, empregada en multitude de ocasións pra gardar e expoñer a reliquia do Lignum Crucis.
Quero lembrarvos a cercanía do Mosteiro de San Clodio, que posúe unha reliquia argéntea da Santa Cruz, moi venerada e invocada na comarca polos nosos pais e avós, dunha maneira especial, cando se producía unha tormenta, de ahí a súa colocación no piñón do testeiro da ábsida. Tamén convén lembrar as moitas posesións que o Mosteiro de San Clodio tiña na nosa parroquia: desde a Granxa de Outeiro hasta a viña das Pombeiras.
E moi probable que a reliquia da Santa Cruz de San Clodio, tallada polo plateiro Francisco Trigo, tivo moita influenza no canteiro que labrou a cruz da Igrexa de San Fiz.
A modo de anécdota, recordo aquelas tormentas de verán que nos encerraban nas nosas casas queimando follas de loureiro na lareira e rezándolle a Santa Bárbara, mentres o avó nos recordaba que si a tormenta viña de Cenlle ou Salamonde ía ser devastadora pero se viña de Pena Corneira, nunca xamais pasaría por encima de San Clodio, pois alí estaba a Divina Reliquia como decía él, e afirmaba que as tormentas sempre se desfacían antes de chegar o mosteiro.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar